Almacén de recursos para terceiro
portada
    matematicas
    galego
    castellano
    ciencias
    ingles
    musica
    efisica
    alt_rel
    debuxo
    pt_al
    xogos
Almacén de actividades para terceiro..
A partir do día 4 de maio está funcionando unha aula virtual para os alumnos que estaban a usar este almacén de recursos.

Clicando aquí poderás ir á porta da aula. Precisarás dunha clave (ou chave) para entrar, como en case todas as portas ;-)
De todos os xeitos, este almacén seguirá operativo e activo para quen o precisar.
Correo electrónico. Para calquer dúvida, consulta, pregunta ou comentario, por favor, usade o correo electrónico.
Clicade aquí para ver os correos de contacto cos mestres.

Este almacén é unha recopilación de actividades que abrimos para usar durante os días sen clase que vivimos.
A maioría delas están en formato pdf, polo que precisaredes un lector de pdf no ordenador, hoxe en día é practicamente universal. Tamén necesitaredes en moitos dos casos imprimir as follas, xa que se pensaron para facer traballo escrito.
Non están previstas para seren feitas nunha orde determinada, excepto cando así se indique, e fundamentalmente trátase de traballo de repaso.
Considerádeas, por favor, como unha axuda para poderdes organizar este tempo da mellor maneira posible.

www.edugaliza.org