|
Ante unha situación de catástrofe ou desastre nun país, os responsables políticos, en canto elixidos polo pobo, deben ser o primeiros en aportar solucións e garantir a seguridade da nación. Agora vós sodes os políticos, das vosas decisións depende o futuro de todo un pobo: a riqueza económica do país; o futuro das familias dependentes do mar ;a supervivencia dos ecosistemas mariños...
Ides facer fronte á terrible ameaza dunha marea negra. Iredes pasando por cada un dos momentos cruciais de decisión e debedes redactar para cada un deles un escrito coas decisións que tomedes e unha presentación pública das mesmas. Nunca esquezades que representades a voz dun pobo, a vida dun pobo, o futuro dunha nación...
1. Tarefa 2. Proceso 3. Avaliación 4. Guía para para o profesorado
TAREFA
Como responsables políticos ides ter que facer fronte a unha marea negra. Como sodes membros dun partido político que ten como un dos seus pilares ideolóxicos a defensa do medio ambiente e o benestar social, ides traballar sobre un suposto no que teredes que elaborar medidas: para previr unha marea negra, para atallala en situación de risco e para limpar cando esta se produce.
Iremos percorrendo os momentos cruciais de decisión nunha hipotética situación de marea negra e en cada un deles deberedes tomar as decisións políticas oportunas e adoptar as medidas preventivas e paliativas que consideredes máis axeitadas. Como cauces para dar o coñecer e facer operativa as decisións tomadas, elaboraredes "documentos legais" e presentacións públicas das vosas xestións.
Consultade o apartado "Proceso" para ver os diferentes momentos da toma de decisións e o apartado "Avaliación" para coñecer os criterios que ddebedes seguir na elaboración dos documentos.
PROCESO
1.- Previr a Marea Negra.
O noso país está situado nun lugar de paso estratéxico para o intercambio marítmo de mercadorías. Por iso pasan diariamente polas nosas costas varios centos de buques, algúns deles con mercadorías moi peligrosas. O goberno debe estar preparado para previr situacións de risco neste ámbito. Para iso deberedes elaborar un "Protocolo de Medidas Preventivas" coa finalidade de evitar riscos ante unha situación de Marea Negra. Podedes consultar as seguintes páxinas.
http://www.iespana.es/natureduca/cont_mareas_historia1.htm
http://www.cetmar.org/web/documentacion/mareas_negras.htm (ver "catástrofes y accidentes")
2.- Actuar nunha situación de Risco.
 |
A pesar de ter o "Protocolo de Medidas Preventivas" temos nas nosas costas un petroleiro que non as tivo en conta. Ademáis este buque ten unha fenda e atópase en serio risco de perder parte da súa carga e producirse un verquido de petróleo. Nós como responsables políticos, e en base a diferentes informes técnicos, debemos decidir que facer nesta situación. |
Para isto podedes consultar o que se fixo en outras situacións:
http://www.uvigo.es/webs/c04/webc04/prestige/como%20foi.htm#Cartograf
http://www.uvigo.es/webs/c04/webc04/prestige/opinion.htm#Caso%20Prestige,%20elementos%20para%20tratar%20de%20comprender%20o%20incomprensible
http://www.iespana.es/natureduca/cont_mareas_historia1.htm
http://www.cetmar.org/web/documentacion/mareas_negras.htm (ver "catástrofes y accidentes").
Deberemos ter en conta, entre outras, as seguintes variables, antes de tomar unha decisión:
- Oleaxe e Nivel do mar na data e zonas de interese:
http://www.puertos.es/index2.jsp?langId=1&catId=1014806377970&pageId=1037009598954
- Datos meteorolóxicos na data e zonas de interese:
http://www.siam-cma.org:8080/meteoroloxia/resumos.jsp
http://meteo.usc.es/
- Infraestructuras e Recursos materiais:
http://www.mfom.es (Ver apartado "Marina Mercante y Puertos")
http://www.xunta.es/NewPesca/NoticiasPesca.nsf/NovConselleria
http://www.sasemar.es
3.- Actuar cando se producíu a Marea Negra.
 |
En caso de que non puidésemos evitar que o barco naufragase produciríase un novo escenario no que o petróleo estaría derramado polas nosas costas amenazando con contaminar todo o litoral e paralizar toda a actividade económica e pesqueira. Agora deberedes tomar diferentes decisións para afrontar a marea negra dende diferentes ámbitos: |
- Actuacións contra a contaminación:
http://www.mohid.com/prestigespill/prestigespill.htm
http://www.siam-cma.org/prestige/traxectoria.htm#
http://www.hidrografico.pt/hidrografico/Novidades/Prestige/esquema_de_sistema_derivante.htm
http://www.uvigo.es/webs/c04/webc04/prestige/combate.htm
- Medidas de intervención Socio-económicas
http://www.xunta.es/NewPesca/NoticiasPesca.nsf/NotVixentes/3BF28564DEF2F221C1256C7F0038B6E9?Opendocument
http://consumaseguridad.consumer.es/normativa/object.php?o=2727
http://www.adegagaliza.org/prestige_catastrofe/index.htm (ver apartado de "documentación").
- Coordinación da participación cidadá nas tarefas de limpeza
http://www.uvigo.es/webs/c04/webc04/prestige/facer.htm#Protocolo%20básico%20para%20a%20limpeza%20de%20praias
http://www.xunta.es/conselle/cma/CMA04d/CMA04dnPrestige/p04dn04_ProtocoloPaxaros.htm
http://www.xunta.es/conselle/cma/CMA04d/CMA04dnPrestige/p04dn03_ProtocoloPraias.htm

AVALIACIÓN
A avaliación levarase a cabo en base a 2 modelos de documentos, cos seus respectivos criterios de avaliación:
- Textos que den conta das actuacións políticas que adoptarían en cada momento.
- Adopción de modelos de redacción e formato propios dos textos legais.
- Concreción das medidas de xeito que fose factible levalas á práctica: recursos cos que se conta, procedencia deses recursos, quen vai facer efectia esa medida, en que tempos e lugares, etc
- As medidas propostas deberán reflictir a complexidade das variables que deben ser tidas en conta en cada momento.
- Facer unha presentación que apoie o documento escrito anterior que servirá para dar a coñecer socialmente as medidas. Este documento presentarase ao resto da clase. :
- Apoios visuais á hora de espoñer e xustificar os argumentos.
- Utilizar un formato axeitado para unha presentación visual: presentación en PowerPoint, formato web, mural, diapositivas, vídeo, etc
- Expresión oral clara e fluída.

GUÍA PARA O PROFESORADO
O que aquí presentamos é un proceso de investigación, e toma de decisións usando a rede. Está dirixido ao alumnado da ESO e niveis superiores, e persegue a consecución de ambiciosas finalidades: - Tomar conciencia das graves consecuencias dunha marea negra a tódolos niveis: económico, social, ecolóxico, político... - Desenvolver unha conciencia crítica fronte ás competencias políticas ante unha situación de desastre. - Analizar os distintos momentos da catástrofe e as competencias na toma de decisión en cada un deles. - Manexar as diferentes variables intervintes en cada momento para adoptar decisións razonadas e orientadas ó ben común. - Desenvolver actitudes de solidarización coas zonas e sectores máis directamente afectados, tomando conciencia de que a catástrofe ten un alcance global.
A nosa proposta só é un punto de partida, o verdadeiro traballo debe desenvolverse dentro das aulas. Entendemos que debe tratarse dun traballo grupal, de construcción compartida de coñecementos e toma conxunta de decisións... tal como puidera ser unha toma real de decisións políticas. Aportamos unha serie de guiás ou orientacións para acometer o proxecto, se ben queda totalmente aberto ás necesidades e finalidades de cada mestre: - Traballar en pequenos grupos que adoptarán o rol dunha comisión política. Pode concretarse o papel de cada un no grupo, se se estima convinte, diversificando e especializando os puntos de vista: representante do mundo do mar; de xestión de infraestructuras; de coordinación de tarefas de limpeza; representante do mundo científico-técnico, incluso da oposición política... - Elaborar algún documento que recolla as decisións adoptadas polo grupo e as razóns que levaron á súa adopción. Nós propoñemos dous modelos: · Texto simulando un escrito político coa redacción e xustificación das medidas así como a súa temporalización e instruccións necesarias para a súa adopción. · Presentación das medidas á sociedade: presentación visual para dar e coñecer as medidas que serán adoptadas e a súa xustificación á suposta opinión pública (mural, presentación con soporte dixital -Power Point, .html...-).
Para levar a cabo a labor investigadora en cada un dos puntos cruciais da tome de decisións, ofrécese unha selección de enderezos ó noso ver relevantes. Non obstante, cada mestre probablemente traballe con novas referencias e cada grupo atopará no seu percorrido pola arañeira outros lugares de interese.
Convidámosvos a facernos chegar todas esas direccións para incorporalas á proposta. Tamén nos gustaría saber como se desenvolveu esta dinámica nas aulas así como contar cunha copia do material que produciron os alumnos para poder difundilo na rede.
ester@edugaliza.org
luisteira@edugaliza.org
|