|
CATEGORIA |
4 puntos |
3 puntos |
2 puntos |
1 punto |
|
Contido-Precisión |
Toda a información na presentación e na exposición é correcta. |
99-90% da información na presentación e na exposición é correcta. |
89-80% da información na presentación e na exposición é correcta. |
Menos do 80% da información na presentación e na exposición é correcta. |
|
Escritura-Gramática |
Non hai erros gramaticais nin ortográficos na presentación e na exposición. |
Non hai erros gramaticais nin ortográficos na presentación e na exposición despois da revisión por parte do mestre. |
Hai algún erro gramatical e ortográfico na presentación e na exposición aínda despois da revisión por parte do mestre. |
Hai varios erros gramaticais e ortográficos na presentación e na exposición aínda despois da revisión por parte do mestre. |
|
Presentación oral |
Realizaron unha presentación con corrección lingüística, coherencia no discurso, propiedade nos contidos e fluidez verbal. |
Tiveron algún problema de corrección lingüística, coherencia no discurso, propiedade nos contidos e/ou fluidez verbal, pero en xeral trátase dunha presentación clara e coas ideas ben estruturadas. |
Tiveron problemas de corrección lingüística, coherencia no discurso, propiedade nos contidos e/ou fluidez verbal, pero na presentación segue observándose unha unidade. |
Tiveron problemas de corrección lingüística, coherencia no discurso, propiedade nos contidos e/ou fluidez verbal e trátase dunha presentación confusa e coas ideas pouco estruturadas. |
|
Coñecemento Gañado |
Tódolos alumnos do grupo poden contestar axeitadamente tódalas preguntas relacionadas coa información na presentación e na exposición e o proceso técnico usado para crealo. |
Tódolos alumnos do grupo poden contestar axeitadamente a maioría das preguntas relacionadas coa información na presentación e na exposición e o proceso técnico usado para crealo. |
Algúns dos alumnos do grupo poden contestar axeitadamente algunhas das preguntas relacionadas coa información na presentación e na exposición e o proceso técnico usado para crealo. |
Varios alumnos no grupo parecen ter pouco coñecemento sobre a información e procesos técnicos usados na presentación e na exposición. |
|
Gráficos |
O s gráficos van ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos. |
O s gráficos van ben co texto, pero hai moitos que se desvían do mesmo. |
O s gráficos van ben co título, pero hai moi poucos e o coxunto parece ter un "texto pesado" para ler. |
O s gráficos non van co texto e aparentan ter sido escollidos sen ningún orden. |
|
Atractivo |
O material é excepcionalmente atractivo en termos de deseño, distribución e orden. |
O material é atractivo en termos de deseño, distribución e orden. |
O material é relativamente atractivo aínda que pode estar un pouco desordenado. |
O material é bastante desordenado ou está moi mal deseñado. Non é nada atractivo. |
|
Traballo en grupo |
Todos e cada un dos membros colaboraron, dende as tarefas do seu rol, buscando información, facendo propostas e elaborando a presentación de forma responsable. |
A maioría dos membros colaboraron, dende as tarefas do seu rol, buscando información, facendo propostas e elaborando a presentación de forma responsable. |
O grupo traballou de forma bastante descohesionada, sen un proxecto grupal claro e con certa descoordinación nas actividades. |
O grupo traballou de forma moi descohesionada, sen un proxecto grupal claro nin unha coordinación das actividades. |
|
Uso do Tempo de Clase |
Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o proxecto e nunca fixo perder o tempo a outros. |
Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o proxecto e nunca fixo perder o tempo a outros. |
Usou ben algo do tempo durante cada periodo de clase. Houbo certo énfase en realizar o proxecto, pero ocasionalmente distraía a outros. |
Non usou o tempo de clase para realizar o proxecto ou distraía con frecuencia a outros. |