| | Animais de Granxa | | | Actividade na rede para os primeiros cursos de primaria | Mayra 10/1/2007 | Actividade
Animais da granxa
| INTRODUCIÓN |
Benvidos á granxa Aquí aprenderedes moitas cousas sobre os animais da granxa
¡Seredes uns granxeiros e granxeiras de primeira!
|
| PREGUNTAS |
1 ¿As galiñas son aves ou mamíferos? 2 ¿Como se chama a parte do corpo que as galiñas teñen na cabeza de cor vermella e carnuda? 3 ¿As galiñas son hervívoras (comen vexetáis), carnívoras (comen animáis) ou omnívoras (comen de todo)? 4 ¿Cal é o alimento preferido das galiñas? 5 ¿Que tres cousas obtemos das vacas? 6 ¿Cantos anos adoita vivir unha vaca? 7 ¿Como se chama a variedade de vaca mais característica de Galicia? 8 ¿En que relixión vaca é un animal sagrado? 9 ¿O porco e un animal doméstico ¿que nome recibe o seu curmán salvaxe? 10 ¿Cantos anos hai que se domesticou o porco? 11 ¿Ainda que do porco se aproveita todo¿cales son os principias productos que saen do porco? 12 ¿Como se chama a festa de Galicia onde se fai a matanza do porco? 13 ¿Cal é o nome das femias do cabalo? 14 ¿Son mamíferos os cabalos? 15 ¿Os cabalos son hervívoros ou omnívoros? 16 ¿Onde se domesticou orixinariamente o cabalo? 17 ¿Como se chama o macho das ovellas? 18 ¿Cantos tipos de ovellas existen no mundo? 19 ¿Como se chama ó grupo de ovellas? 20 ¿Como se chama o cercado onde se meten as ovellas?
|
| RECURSOS |
Nestas páxinas atoparás a información que precisas para respostar ás preguntas. GALIÑAS VACAS PORCOS CABALOS OVELLAS
|
| A GRAN PREGUNTA |
Agora xa sabes moitas cousas sobre os animais da granxa, seguro que che resulta doado responder a esta gran pregunta:
¿POR QUÉ PENSAS QUE É IMPORTANTE COIDAR OS ANIMAIS?
|
| REPASO |
Antes ir á avaliación, pasa un bo rato repasando cousas sobre os animais nesta actividade:
ANIMAIS
|
| AVALIACIÓN |
Se cres que estás preparado para contestar ás preguntas, obtén o carnet de granxeiro ou granxeira.
|
|