webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca



Inicio


O sistema solar
O Sol
Os planetas
  Mercurio
  Venus
  A Terra
    A Lúa
  Marte
  Xúpiter
  Saturno
  Urano
  Neptuno
  Plutón
Asteroides
Cometas
Meteoritos
A exploración
  Cercana
  Distante
  Outros
  Telescopios
  E.S.A.

Exploración do Sol

Desde os primeiros momentos o Sol foi obxecto de observación coa fin de coñecer a súa estrutura,composición, radiacións e vento solar.

Algúns proxectos deseñados especificamente para a investigación solar foron:

Helios I e Helios II: Colaboración NASA- Alemaña Occidental, enviados en 1975 e 1976 respectivamente.

Solar máximun: misión da NASA entre 1980 e 1989.

Ulysses: é unha misión conxunta NASA-ESA para o estudo do Sol desde distintos puntos, algúns deles fora do plano eclíptico. Estaba previsto que a misión finalizase en 1995, pero foi extendéndose varios anos.

Ulysses

 

 

SOHO: participación ESA-NASA, enviada ao espacio o 12 de decembro de 1995.

 

Génesis: NASA, os obxectivos deste proxecto era recoller vento solar e transportar mostras á Terra. Os sistemas de aterraxe fallaron e a sonda estrellouse no deserto, pero os científicos aseguran que a pesares de todo a misión foi un éxito.

SOHO
 
 

Cometas e asteroides.

O 12 de agosto de 1978 lánzase ao espacio a sonda ISEE-3 coa misión de investigar a relación Terra-Sol, especialmente o vento solar. Pero en 1982 é enviada a estudar dous cometas : en 1985 atravesa a cola do cometa Giacobini-Zinner , e en 1986 observa o cometa Halley. Despois de varias misións máis, en 1997 déronse por finalizadas as operacións desta veterana sonda que volverá as cercanías da Terra no ano 2014.

Giotto é o nome da misión europea proxectada para investigar o cometa Halley, representou un paso máis na madurez da ESA.

Tamén tiveron coma obxectivo o cometa Halley as misións VEGA (Internacional) e Sakigake-Suisei (Xapón) .

En xaneiro de 2004 a NASA achegou a nave StarDust a só 236 km do cometa Wild 2, en 2006 retornará á Terra con mostras do cometa.

ISEE-3 ( ICE )
Outro programa da Axencia Espacial Europea é Rosetta, unha sonda que tras dez anos e 7.100 millóns de kilómetros percorridos tomará contacto co cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko, enviando unha cápsula para estudar a súa superficie, pero iso sucederá en 2014.
Rosetta
 
En febreiro de 1996 a NASA coloca no espacio a sonda NEAR, coa misión principal de estudar o asteroide Eros . Máis ambicioso foi o proxecto DeepImpact , que lanzou un artefacto contra o cometa Tempel 1 recollendo moitísima información dos restos do impacto.
NEAR
 



www.edugaliza.org