webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca



Inicio


O sistema solar
O Sol
Os planetas
  Mercurio
  Venus
  A Terra
    A Lúa
  Marte
  Xúpiter
  Saturno
  Urano
  Neptuno
  Plutón
Asteroides
Cometas
Meteoritos
A exploración
  Cercana
  Distante
  Outros
  Telescopios
  E.S.A.

Espacio distante

Xúpiter e Saturno.

As primeiras naves que sobrevoaron Xúpiter foron as Pioneer X e XI , enviadas polos Estados Unidos en 1972 e 1973. A Pioneer XII pasou cerca dos aneis de Saturno

En agosto e setembro de 1977 lánzanse as sondas Voyager I e Voyager II coa misión de observar Xúpiter e Saturno .

En 1995 chega a Xúpiter a sonda Galileo, despois dunha viaxe accidentada a causa dunha avería na antena principal. Galileo portaba unha cápsula que descendeu sobre o planeta e estivo activa durante unha hora, enviando datos sobre a composición de Xúpiter.

Pioneer X
Sonda Galileo

Cassini

Proxecto conxunto NASA-ESA, co obxectivo de explorar Saturno e enviar unha cápsula (Huygens) o seu satélite Titán.

Cassini visitou Venus, a Terra, Xúpiter e finalmente Saturno, este percorrido foi necesario para acelerar a nave aproveitando a gravidade dos planetas.

Debido aos fallos de comunicación detectados entre Huygens e Cassini , foi preciso redeseñar a misión e cambiar a data de descenso sobre Titán.

 
Cassini
O 14 de xaneiro de 2005 a cápsula Huygens pousouse sobre Titán, a lúa máis grande de Saturno, a case 1.200.000.000 km da Terra. Sen dúbida o maior éxito da Axencia Europea do Espacio, polo momento.
Cápsula Huygens
Fotografía da superficie de Titán

Máis alá de Saturno.

Lanzadas en 1977, as sondas Voyager I e Voyager II percorreron ata este momento (2005) 11.000 e 14.000 millóns de kilómetros respectivamente. Actualmente a súa misión é estudar o límite de influencia do Sol e adentrarse no espacio interestelar.

Voyager 2 despois de pasar cerca de Saturno diríxese a Urano (1986 ) e Neptuno (1989) .

Voyager
 

Está previsto que as naves Voyager poidan resistir ata 2015, cando os seus RTG ( Xeneradores Termoeléctricos de Radioisótopos ) deixen de producir suficiente enerxía para manter os sistemas vitais das sondas.

Voyager I sobrepasou as Pioneer 10 e 11, convertíndose no obxecto artificial máis alonxado da Terra.

Coma dato anecdótico as sondas Pioneer e Voyager levan consigo unhas placas con información sobre a súa procedencia, características da Terra e a raza humana , músicas e sons . Todo coa fin de que se algunha civilización extraterrestre localiza estes obxectos poida guiarse cara o noso planeta.

Actualmente a Nasa está preparando a misión New Horizons, co obxectivo de explorar Plutón e o cinto de Kuiper. Entón resolveremos a dúbida de considerar a Plutón un planeta do Sistema Solar ou un obxecto máis do cinto de Kuiper.



www.edugaliza.org