|
Espacio cercano |
|
|
Venus
O 27 de agosto de 1963 Estados Unidos lanza con éxito a primeira sonda cara Venus, o Mariner II. Comeza a exploración dos planetas. |
|
A serie Venera soviética foi deseñada para descender sobre o planeta, aínda que debido ás extremas condicións da superficie non duraron moito, pero aportaron interesantes datos sobre temperatura, composición da atmósfera e densidade .
|
|
| |
Cápsula Venera |
Mercurio
O 29 de marzo de 1974 o Mariner X sitúase a 718 km de Mercurio. Nas tres pasadas dadas sobre o planeta fotografou unhas tres oitavas partes da superficie.
Actualmente diríxese cara Mercurio a sonda Messenger, está previsto que se sitúe en órbita deste planeta en 2011. |
|
|
| |
Mariner X |
Messenger |
|
 |
Marte.
A Primeira sonda chegada a Marte foi o Mariner IV, o 14 de xullo de 1965 , posteriormente a nave Mariner IX consegue poñerse en órbita e fotografar o planeta con precisión, coas imaxes do Mariner IX comeza a desaparecer a idea dun mundo activo, con canles de auga e "marcianos" .
A primeira cápsula en tocar solo marciano foi un descendedor da sonda nodriza Mars III, en 1971.
O 20 de xullo de 1976 a cápsula Viking I descende suavemente sobre a superficie do planeta, unha semanas máis tarde faino a Viking II .
Un dos obxectivos máis interesantes do proyecto Viking era buscar presencia de vida marciana, aínda que fose na forma máis elemental, pero os resultados foron negativos. |
|
Mariner IV |
|
 |
|
|
Mars III |
Primeira imaxe enviada polo Viking I Lander |
|
O 2 de xuño de 2.003 a Axencia Espacial Europea envía a primeira sonda a Marte, a Mars Express , cos obxectivos de orbitar o planeta e enviar un vehículo de descenso, o Beagle-2. Esta misión foi un éxito parcial, xa que a cápsula nunca enviou información desde a superficie de Marte. |
|
| |
Mars Express |
Mellores resultados acadaron as misións da NASA Pathfinder, Mars Odyssey, Spirit e Opportunity .
O proyecto Pathfinder consegue situar sobre a superficie de Marte un vehículo de exploración dirixido desde a Terra. Máis tarde percorreron e analizaron o solo marciano os vehículos Spirit e Opportunity. |
|
| |
Microrover (Pathfinder ) | | |