Un pequeno paso para o home..........
O 2 de xaneiro de 1959 a URSS lanza a sonda Lunik I en dirección á Lúa, pero unha serie de erros fai imposíbel que chegue ao seu destino, convertíndose no primeiro obxecto artificial que orbita arredor do Sol.
Outros aparellos da serie Lunik tamén teñen éxitos: Lunik II consegue posarse na Lúa e o Lunik III móstranos por primeira vez a cara oculta do noso satélite natural.
Estados Unidos inicia a exploración da Lúa coas series Pioneer e Ranger.
Unha vez que os voos tripulados foron convertíndose en rutina, tráxica as veces, os científicos e posiblemente en maior medida os políticos, puxéronse a planificar a chegada do home á Lúa.
O 20 de xullo de 1969 Neil A. Amstrong foi o primeiro humano en pisar o noso satélite natural, era o cumprimento do obxectivo do proxecto Apolo. Posteriormente os Apolo XI, XII, XIV, XV, XVI, XVII tamén conseguiron descender sobre a Lúa.
A URSS nunca enviou naves tripuladas ao noso satélite, somente vehículos autónomos de exploración que regresaron con mostras minerais. |