webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca



Inicio


O sistema solar
O Sol
Os planetas
  Mercurio
  Venus
  A Terra
    A Lúa
  Marte
  Xúpiter
  Saturno
  Urano
  Neptuno
  Plutón
Asteroides
Cometas
Meteoritos
A exploración
  Cercana
  Distante
  Outros
  Telescopios
  E.S.A.

Meteoritos

A palabra meteorito significa fenómeno do ceo e describe a luz que se produce cando un fragmento de materia extraterrestre entra na atmosfera da Terra e se desintegra.

A palabra meteoroide aplícase á propia partícula, sen facer referencia ó fenómeno que se produce cando entra na atmosfera. Hai moitísimos meteoroides que non entrarán nunca.

Algúns dos meteoritos que se teñen estudiado parece que viñan da Lúa e outros de Marte. A maioría, sen embargo, son fragmentos de asteroides ou de cometas.

Tamén hai correntes de meteoroides, que se teñen formado pola desintegración de núcleos de cometas. Cando coinciden coa Terra orixínase unha choiva de meteoritos (ou, se é moi intensa, unha tempestade) que pode durar uns cantos días.

O estudio de meteoritos revela datos interesantes. Son bos exemplos da materia primitiva do Sistema Solar, aínda que nalgúns casos as súas propiedades foron alteradas.

O único ferro que coñecían os humanos antes de inventar a fragua proviña dos meteoritos. Os minerais terrestres que conteñen ferro non teñen resistencia. O ferro extraterrestre púxonos na pista da metalurxia.

Algunhas catástrofes do pasado poden ter sido causadas por meteoritos, como a extinción dos dinosauros do Cretáceo, hai 65 millóns de anos, provocada pola caída dun asteroide duns 10 km. de diámetro. Así o cren algúns astrónomos.



Cráter provocado polo impacto dun meteorito



www.edugaliza.org