webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca



Inicio


O sistema solar
O Sol
Os planetas
  Mercurio
  Venus
  A Terra
    A Lúa
  Marte
  Xúpiter
  Saturno
  Urano
  Neptuno
  Plutón
Asteroides
Cometas
Meteoritos
A exploración
  Cercana
  Distante
  Outros
  Telescopios
  E.S.A.

Cometas

Os homes e mulleres primitivos xa coñecían os cometas. Os máis brillantes vense moi ben e non se asemellan a outros obxectos celestes.

Parecen manchas de luz, con frecuencia borrosas, que van deixando un rasto ou cabeleira. Isto fainos atractivos e arrodéaos de maxia e misterio.

Os cometas son corpos fráxiles e pequenos, de forma irregular, formados por unha mestura de substancias duras e gases conxelados.

Polo xeral, a órbita dos cometas é moito máis alongada que a dos planetas. Nun extremo poden achegarse ao Sol e, noutro, afastalos máis aló da órbita de Plutón.

Cando un cometa se achega ao Sol e se quenta, os gases evapóranse, desprenden partículas sólidas e  forman a cabeleira. Cando se volve a afastar, arrefecen e conxelánse os gases e vai desaparecendo a cola.

En cada visita perde materia. Ao final, só queda o núcleo rochoso. Crese que hai asteroides que son núcleos cometarios.

Hai cometas con períodos orbitais curtos e, outros, longos. Hainos que non superan nunca a órbita de Xúpiter e outros que se afastan moito, ata abandonar o Sistema Solar e xa non volven máis.

A fotografía da esquerda é do cometa Kohouotek, que pasou perto da Terra en xaneiro de 1974. Foi detectado moi lonxe, cando atravesaba a órbita de Xúpiter.

O cometa Encke, de órbita curta, achégase cada tres anos e tres meses. Só pode observarse cun bo telescopio. En troca, o famoso Halley, que nos  visita cada 76 anos, e o Rigollet, que o fai cada 156, son aínda máis brillantes.


Secuencia de imaxes do cometa 1993a Mueller


O Halley fotografado pola nave Giotto en marzo de 1986.

O cometa West, coas súas colas de plasma e po.



www.edugaliza.org