|
Plutón |
 |
Descubriuse en 1930, pero está tan lonxe que, polo momento, temos pouca información. É o único que aínda non foi visitado por unha nave terrestre.
En agosto de 2006 na Conferencia da Unión Astronómica Internacional (IAU) en Praga e tras votación, tomáronse seis novas resolucións sobre a "Definición dun planeta do Sistema Solar" e "Plutón", polo que este perdeu a súa condición de planeta e pasou a "planeta anano".
Oficialmente existen 8 planetas, aínda que o debate seguirá aberto.
Xeralmente, Plutón "era" o planeta máis afastado do Sol. Pero a súa órbita é moi excéntrica e, durante 20 dos 249 anos que tarda en facela, está máis próximo ao Sol que Neptuno.
A órbita de Plutón tamén é a máis inclinada, 17º. Por iso non hai perigo dun encontro con Neptuno. Cando as órbitas se cruzan fano perto dos extremos. En vertical, sepáraos unha distancia enorme.
Fixo a máxima aproximación en setembro de 1989 e seguiu na órbita de Neptuno ata marzo de 1999. Agora afástase e non volverá a cruzala ata setembro do 2226. |
Plutón ten un satélite moi especial: Caronte. Mide 1.172 km. de diámetro e está a menos de 20.000 km. do planeta. Co tempo, a gravidade freou as súas rotacións e agora preséntanse sempre a mesma cara.
De feito, a rotación desta parella é única no Sistema Solar. Parece que estivesen unidos por una barra invisíbel e xirasen ao redor dun centro situado na barra, máis próximo a Plutón, que ten 7 veces máis masa que Caronte.
Pola súa densidade, Plutón parece feito de rochas e xelo. En cambio, o seu satélite é moito máis lixeiro. Esta diferencia fai pensar que se formaron separadamente e, despois, xuntáronse.
Plutón ten una atmosfera sutil, formada por nitróxeno, metano e monóxido de carbono, que se conxela e cae sobre a superficie a medida que se vai afastando do Sol. A NASA prepara a misión Plutón Express para que chegue a Plutón en 2008, antes da conxelación da atmosfera. Serán un par de naves pequenas e rápidas que pasarán a menos de 15.000 km. do planeta. |
 |
| Datos sobre Plutón |
A Terra |
| Tamaño: radio ecuatorial |
1.160 km. |
6.378 km. |
| Distancia media ao Sol |
5.913.520.000 km. |
149.600.000 km. |
| Día: período de rotación sobre o eixe |
153 horas |
23,93 horas |
| Año: órbita ao redor do Sol |
248,54 anos |
1 ano |
| Temperatura media superficial |
? -230 º C * |
15 º C |
| Gravidade superficial no ecuador |
0,4 m/s2 |
9,78 m/s2 |
* A temperatura pode variar moito entre o punto da órbita máis próximo ó Sol e o máis afastado. A diferencia é de máis de 2.500 millóns de km. |
 Caronte e Plutón desde o Telescopio Espacial Hubble.
|
 Fotos do Hubble que demostran a rotación de Plutón.
| | |