webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca



Inicio


O sistema solar
O Sol
Os planetas
  Mercurio
  Venus
  A Terra
    A Lúa
  Marte
  Xúpiter
  Saturno
  Urano
  Neptuno
  Plutón
Asteroides
Cometas
Meteoritos
A exploración
  Cercana
  Distante
  Outros
  Telescopios
  E.S.A.

Marte

É o cuarto planeta do Sistema Solar. Coñecido como o planeta vermello polos seus tons rosados, os romanos identificábano co sangue e puxéronlle o nome do seu deus da guerra.

Ten unha atmosfera moi fina, formada principalmente por dióxido de carbono, que se conxela alternativamente en cada un dos polos. Contén só un 0,03% de auga, mil veces menos que a Terra.

Os estudos demostran que Marte tivo unha atmosfera máis densa, con nubes e precipitacións que formaban ríos. Sobre a superficie distínguense sucos, illas e costas.

As grandes diferencias de temperatura provocan ventos fortes. A erosión do solo axuda a formar tempestades de po e area que erosionan aínda máis a superficie.

Antes da exploración espacial, pensábase que podería haber vida en Marte. As observacións demostran que non a ten, aínda que puido tela no pasado.

Nas condicións actuais, Marte é estéril, non pode ter vida. O seu solo é seco e oxidante, e recibe do Sol demasiados raios ultravioletas.

Ten dous satélites, Fobos e Deimos. Son pequenos e xiran axiña perto do planeta. Isto dificultou o seu descubrimento a través dos telescopios.

Fobos ten pouco máis de 13 km. polo lado máis longo. Vira a 9.380 km. do centro, é dicir, a menos de 6.000 km. da superficie, cada 7 horas e media. Deimos é a metade de Fobos e xira a 23.460 km. do centro en pouco máis de 30 horas.

 
Imaxes de Fobos e Deimos, os pequenos satélites de Marte

 

Datos sobre Marte A Terra
Tamaño: radio ecuatorial 3.397 km. 6.378 km.
Distancia media ao Sol 227.940.000 km. 149.600.000 km.
Dia: período de rotación sobre o eixe 24,62 horas 23,93 horas
Ano: órbita ao redor do Sol 686,98 días 365,256 días
Temperatura media superficial -63 º C 15 º C
Gravidade superficial no ecuador 3,72 m/s2 9,78 m/s2


Sucos na superficie de Marte.

Imaxe enviada pola nave Mars Pathfinder.



www.edugaliza.org