|
A Lúa |
 |
É o único satélite natural da Terra e o único corpo do Sistema Solar que podemos ver con detalle a simple vista ou con instrumentos sinxelos.
A Lúa reflicte a luz solar de xeito diferente segundo onde se ache. Vira ao redor da Terra e sobre o seu eixe no mesmo tempo: 27 días, 7 horas e 43 minutos. Isto fai que nos mostre sempre a mesma cara.
Non ten atmosfera nin auga, por iso a súa superficie non se deteriora co tempo, só polo impacto ocasional dalgún meteorito. A Lúa considérase fosilizada.
O 20 de xullo de 1969, Neil Armstrong foi o primeiro home que pisou a Lúa, formando parte da misión Apollo XI. Os proxectos lunares recolleron perto de 400 kg. de mostras que os científicos analizan. |
| Datos sobre A Lúa |
A Terra |
| Tamaño: radio ecuatorial |
1.737 km. |
6.378 km. |
| Distancia media á Terra |
384.403 km. |
--- |
| Día: período de rotación sobre o eixe |
27,32 días |
23,93 horas |
| Órbita ao redor da Terra |
27,32 días |
--- |
| Temperatura media superficial (día) |
107 º C |
15 º C |
| Temperatura media superficial (noite) |
-153 º C |
| Gravidade superficial no ecuador |
1,62 m/s2 |
9,78 m/s2 |
As Fases da Lúa.
Dado que a Lúa vira ao redor da Terra, a luz do Sol chégalle desde posicións diferentes, que se repiten en cada volta. Cando ilumina toda a cara que vemos chámase lúa chea. Cando non a vemos é a lúa nova. Entre estas dúas fases só se ve un anaco, un cuarto, o crecente e o devalo.
As primeiras civilizacións xa medían o tempo contando as fases da Lúa. Unha semana é a duración de cada fase, e un mes, a duración aproximada de todo o ciclo. |

|
 Paseando pola Lúa.
|
 A cara oculta da Lúa.
|
As eclipses
As veces, o Sol, a Lúa e máis a Terra sitúanse formando unha liña recta. Daquela prodúcense sombras, de forma que a da Terra cae sobre a Lúa e ao revés. Son as eclipses.
Cando a Lúa pasa por detrás e se sitúa á sombra da Terra, prodúcese unha eclipse de Lúa (debuxo, esquerda). Cando a Lúa pasa entre a Terra e o Sol, tapa á estrela e prodúcese unha eclipse de Sol (dereita).
Se un astro chega a ocultar totalmente ao outro, a eclipse é total, se non é parcial. Algunhas veces a Lúa ponse diante do Sol, pero unicamente oculta o centro. Entón a eclipse ten forma anular, de anel.
| | |