webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca



Inicio


O sistema solar
O Sol
Os planetas
  Mercurio
  Venus
  A Terra
    A Lúa
  Marte
  Xúpiter
  Saturno
  Urano
  Neptuno
  Plutón
Asteroides
Cometas
Meteoritos
A exploración
  Cercana
  Distante
  Outros
  Telescopios
  E.S.A.

Mercurio

É o planeta máis próximo ao Sol e o segundo máis pequeno do Sistema Solar. É menor que A Terra, pero máis grande que a Lúa.

Se nos situásemos sobre Mercurio, o Sol pareceríanos dúas veces e media máis grande. Sen embargo, veríamos o ceo sempre negro, porque non ten atmosfera que poida dispersar a luz.

Os romanos puxéronlle o nome do mensaxeiro dos deuses porque se move máis rápido que os demais planetas. Dá unha volta ó Sol en menos de tres meses.

En cambio, vira a modo sobre o seu eixe, unha vez cada 58 días e medio. Antes facíao máis rápido, pero a influencia do Sol foino freando.

Cando un lado de Mercurio está de cara ao Sol, chega a temperaturas superiores aos 425 ºC. As zonas en sombra baixan ata os 170 graos baixo cero. Os polos manteñense sempre moi fríos. Isto leva a pensar que pode haber auga (conxelada, claro).

A superficie de Mercurio é semellante á da Lúa. A paisaxe está chea de cráteres e fendas, no medio de marcas ocasionadas polos impactos dos meteoritos.

A presencia dun campo magnético indica que ten un núcleo metálico, parcialmente líquido. A súa alta densidade, a mesma que a da Terra, indica que este núcleo ocupa case a metade do volume do planeta.

 

Datos sobre Mercurio A Terra
Tamaño: radio ecuatorial 2.440 km. 6.378 km.
Distancia media ao Sol 57.910.000 km. 149.600.000 km.
Día: período de rotación sobre o eixe 1.404 horas 23,93 horas
Ano: órbita ao redor do Sol 87,97 días 365,256 días
Temperatura media superficial 179 º C 15 º C
Gravidade superficial no ecuador 2,78 m/s2 9,78 m/s2


Mosaico de fotografías feitas pola nave Mariner 10 en 1974.



www.edugaliza.org