webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca



Inicio


O sistema solar
O Sol
Os planetas
  Mercurio
  Venus
  A Terra
    A Lúa
  Marte
  Xúpiter
  Saturno
  Urano
  Neptuno
  Plutón
Asteroides
Cometas
Meteoritos
A exploración
  Cercana
  Distante
  Outros
  Telescopios
  E.S.A.

Os Planetas

Mercurio Venus A Terra Marte Xúpiter Saturno Urano Neptuno Plutón

Son astros que xiran ó redor do Sol. Non teñen luz propia, senón que reflicten a luz solar.

Os planetas teñen diversos movementos. Os máis importantes son dous: o de rotación e o de translación.
Polo de rotación, xiran sobre si mesmos ao redor do eixe. Isto determina a duración do día do planeta.
Polo de translación, describen órbitas en círculo ao redor do Sol. Cada órbita é o ano do planeta.
Cada un tarda un tempo diferente para completala. Canto máis lonxe, máis tempo.
Xiran case no mesmo plano.

Forma e tamaño

Os planetas teñen forma case esférica, como unha pelota un pouco achatada polos pólos.

Os materiais compactos están no núcleo. Os gases, se hai, forman unha atmosfera sobre a superficie.
Mercurio, Venus, a Terra, Marte e Plutón son planetas pequenos e rochosos, con densidade alta.
Teñen un movemento de rotación lento, poucas lúas (ou ningunha) e forma bastante redonda.
Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno, os xigantes gasosos, son enormes e lixeiros, feitos de gas e xelo.
Xiran apresa e teñen moitos satélites, máis avultamento ecuatorial e aneis.

Formación dos planetas

Os planetas formáronse hai uns 4.500 millóns de anos, ao mesmo tempo que o Sol.

En xeral, os materiais lixeiros que non quedaron no Sol afastáronse máis que os pesados.
Na nube de gas e po orixinal, que xiraba en espirais, había zonas máis densas.
A gravidade e as colisións levaron máis materia a estas zonas e o movemento rotatorio deulle a súa forma redonda.
Despois, os materiais e as forzas de cada planeta fóronse readaptando, e aínda o fan.
Os planetas e todo o
Sistema Solar continúan cambiando de aspecto. A modo, pero sen pausa.

 

Período
Planetas Raio
ecuatorial
Distancia
ó Sol (km.)
Lúas de
Rotación
Órbita Inclinación
do eixe
Inclinación
orbital
Mercurio 2.440 km. 57.910.000 0 58,6 dias 87,97 dias 0,00 º 7,00 º
Venus 6.052 km. 108.200.000 0 -243 dias 224,7 dias 177,36 º 3,39 º
A Terra 6.378 km. 149.600.000 1 23,93 horas 365,256 dias 23,45 º 0,00 º
Marte 3.397 km. 227.940.000 2 24,62 horas 686,98 dias 25,19 º 1,85 º
Xúpiter 71.492 km. 778.330.000 16 9,84 horas 11,86 anos 3,13 º 1,31 º
Saturno 60.268 km. 1.429.400.000 18 * 10,23 horas 29,46 anos 25,33 º 2,49 º
Urano 25.559 km. 2.870.990.000 15 17,9 horas 84,01 anos 97,86 º 0,77 º
Neptuno 24.746 km. 4.504.300.000 8 16,11 horas 164,8 anos 28,31 º 1,77 º
Plutón 1.160 km. 5.913.520.000 1 -6,39 días 248,54 anos 122,72 º 17,15 º
* Algúns astrónomos adxudícanlle 23 satélites.



www.edugaliza.org