webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca



Inicio


O sistema solar
O Sol
Os planetas
  Mercurio
  Venus
  A Terra
    A Lúa
  Marte
  Xúpiter
  Saturno
  Urano
  Neptuno
  Plutón
Asteroides
Cometas
Meteoritos
A exploración
  Cercana
  Distante
  Outros
  Telescopios
  E.S.A.

O Sistema Solar

  

O Sistema Solar está formado por unha estrela central,o Sol, os corpos que lle acompañan e máis o espacio que hai entre eles.

En agosto de 2006 na Conferencia da Unión Astronómica Internacional (IAU) en Praga e tras votación, tomáronse seis novas resolucións sobre a "Definición dun planeta do Sistema Solar" e "Plutón", polo que este perdeu a súa condición de planeta e pasou a "planeta anano".

Oficialmente existen 8 planetas que xiran ao redor do Sol: Mercurio, Venus, A Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. A Terra é o noso planeta e  ten un satélite, a Lúa. Algúns planetas teñen satélites e outros non.

Os asteroides son rochas máis pequenas que tamén viran. A maioría deles están entre Marte e Xúpiter. Ademais, están os cometas que se achegan e afastan moito do Sol.

As veces chega á Terra un fragmento de materia extraterrestre. A maioría arden e se desintegran cando entran na atmosfera. Son os meteoritos.

Desde sempre os humanos observamos o ceo. Hai 300 anos inventamos os telescopios. Pero a auténtica exploración do espacio non comezou ata a segunda metade do século XX.

Dense entón lanzáronse moitísimas naves. Os astronautas paseáronse pola Lúa. Vehículos equipados con instrumentos visitaron algúns planetas e atravesaron o Sistema Solar.

Máis aló, a estrela máis próxima é Alfa Centauro. A súa luz tarda 4,3 anos en chegar ata aquí. Ela e máis o Sol só son dúas entre os 200 billóns de estrelas que forman a Vía Láctea, a nosa Galaxia.

Hai millóns de galaxias que se moven polo espacio intergaláctico. Entre todas forman o Universo e aínda non coñecemos os seus límites. Pero os astrónomos continúan investigando ...



Debuxo da nosa galaxia.

A Vía Láctea desde o hemisferio sur.

Formación do Sistema Solar

É difícil precisar a orixe do Sistema Solar. Os científicos cren que pode situarse hai uns 4.600 millóns de anos, cando una inmensa nube de gas e po contraeuse por mor da forza da gravidade e comezou a xirar a gran velocidade, probabelmente a causa da explosión dunha supernova próxima.

 

A maior parte da materia acumulouse no centro. A presión era tan elevada que os átomos comezaron a partirse, liberando enerxía e formando unha estrela. Ao mesmo tempo íanse formando algúns remuíños que, ao medraren, aumentaban a súa gravidade e recollían máis material en cada volta.

 

Tamén había moitas colisións. Millóns de obxectos achegábanse e xuntábanse, ou batían con violencia e partíanse en anacos. Os encontros construtivos predominaron e, só 100 millóns de anos despois, colleu un aspecto semellante ao actual. Despois cada corpo continuou a súa propia evolución.




www.edugaliza.org