| Participa en edugaliza Edugaliza é un sitio en permanente construción. . Participa XA! na zona de teleformación na que -partindo de cero- atoparás varios cursos de autoaprendizaxe tutorizados ca axuda dun coordenador de Edugaliza para resolver as dúbidas que vaias atopando. grupos [arroba] edugaliza.org | Comezaremos por ferramentas coas que poidas crear materiais educativos multimedia como CLIC. O curso consta de 4 módulos nos que se explican as funcións básicas de Clic e se propoñen diversas prácticas e exercicios. Se queres tamén podes ver o anterior curso Clic | | | | Agora mesmo estamos preparando outro curso para facerse coa ferramenta LIM, de Fran Macías. | - Edugaliza ten entre os seus obxectivos o da formación do profesorado en xeral, e en particular nas áreas para nós interesantes.
- Desde este punto de vista queremos colaborar de distintas maneiras no labor de formación e reciclaxe profisional que as novas tecnoloxías están demandando. Unha das nosas iniciativas é o plantexamento de cursos a distancia, a través de internet, centrados no manexo e dominio destas novas ferramentas tecnolóxicas.
- Os cursos de edugaliza serán sempre concretos, orientados á actividade máis que ao traspaso de coñecimentos, cunha duración específica no tempo e sempre baixo a supervisión dun responsable do curso que titorará o desenrolo.
- Os cursos de edugaliza non contan en ningún caso con homologación oficial de ningún tipo, polo que non se expedirá tampouco ningún documento que acredite a tal.
Edugaliza ofrece os cursos de maneira gratuíta. Envía unha mensaxe a grupos@edugaliza.org se queres inscribirte no grupo LIM, no grupo CLIC 3.0 ou no grupo JCLIC se estás interesada ou interesado na tradución das novas actividades JClic en castelá que aparecen na XTEC. |