|
 Piñeiro de Boente
Existen árbores vellas que teñen a súa historia coñecida polos habitantes da comarca.
Un deles é o pino de Boente. Chamado tamén o pino do cura porque pertenece á Igrexa. Salvado da corta cando se fixo a nova carretera que une Lugo con Santiago (N 547). É un piñeiro piñoneiro que na zona chaman pino macho por aproximación a pino manso que é o nome que lle corresponde.
|
 Carballo da Portela
Este carballo da parroquia de Castañeda é cantado nunha canción desde antes do tempo da guerra: 'O carballo da Portela ten a folla revirada que lla revirou o aire unha noite de xeada'. |
 O carballo de San Antón
Carballo de máis de cincocentos anos que según a tradición popular naceu dentro dunha igrexa. Está na parroquia de Viladavil, cerca do pazo de A Paínza. |
 Eucalipto de A Paínza
O pazo de Viladavil, A Painza, conta con dous grandes eucaliptos que poden ser dos primeiros chegados a Galicia, hai 120 anos.
A roda de eucaliptos de Viladavil (A Cañota) pertencen ó Pazo de A Paínza. Situados nunha pradería, forman unha roda. A lenda popular sinala que os amos do pazo plantaban un eucalipto por cada caseiro que traballaba as suas terras. |