webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca

hiparcos
Navegación
Inicio
 Sala
   Ferramentasautor
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Comentarios
Ver comentarios
 
Creación de Actividades
Información sobre distintas opcións de creación de materiais multimedia para o aula Felo 29/11/2006   
Ferramentas Autor

As ferramentas de autor, permítennos crear contidos multimedia cunhas aplicacións sinxelas de manexar, co engadido de estaren en galego e seren gratuítas. A gran vantaxe é a creación de contidos adaptados exactamente ás nosas necesidades nun entorno de colaboración dentro no mundo docente.

 

LIBROS INTERACTIVOS MULTIMEDIA - LIM. Autor: Fran Macías

O sistema Lim é unha contorna para a creación de materiais educativos, cada arquivo denomínase libro, e cada actividade páxina. As páxinas poden ser interactivas ( sopas de letras, quebracabezas, preguntas , etc ) ou descritivas ( mostran información).

As vantaxes técnicas son as ligadas a internet:

  • Os arquivos están na web, non se instala nada no ordenador.
  • Accesibilidade inmediata.
  • Independente do sistema operativo, hardware e navegador web.
  • Tecnoloxía Macromedia Flash, de contrastada seguridade e fiabilidade.
  • Contorna aberta. Utilización de arquivos XML.
  • Exemplos
  • MANUAIS EN GALEGO: A CONTORNA LIM (pdf 2,46 Mb)    O MEU PRIMEIRO LIBRO   (pdf 1,79Mb)

    v.3.0 - 2009

    CURSO LIM      PROPOSTAS DE TRABALLO

     

     

     

    PROXECTO XOGAMOS?

    Baixo o nome de Xogamos? agrúpanse unha serie de recursos informáticos adicados á elaboración e utilización de xogos de pregunta-resposta.

    As ferramentas que inclúe para a creación de xogos son:

    • EdiPre: editor de preguntas. Programa informático para contornas windows e linux.
    • DEX: DEseño de Xogos. Aplicación para a construcción das interfaces gráficas dos xogos. Válida para contornas windows, linux , mac e Internet.
    • E por último Xoga é un script en flash que permite a utilización dos xogos en diversos sistemas operativos ademáis de Internet.

    O traballo mereceu o 1º Premio no apartado de Ferramentas de autor nos Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información 2007 da Xunta de Galicia.

    Autores: Fran Macías, Felo Couto e Xosé Antón Vicente.

    http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2007/proxecto_xogamos/index.html 

    Exemplos

     

    ARDORA. Autor: Jose Manuel Bouzán Matanza.

    Ardora é unha aplicación informática que lles permite a todas e todos os docentes crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo. Con Ardora pódense crear máis de dezaseis tipos distintos de actividades: encrucillados, sopas de letras, textos para completar, paneis gráficos, reloxos, etc. O profesor ou profesora só ten que centrar o seu esforzo nos elementos da actividade, non no seu tratamento informático.

    HOT POTATOES

    Suite de programas elaborada na Universidade de Victoria (Canadá).
    Inclúe 6 aplicacións que che permiten crear actividades educativas en linguaxe html, como:

    • Cuestionarios de resposta múltiple (JBC)

    • Completar ocos (JCloze)

    • Exercicios de respostas abertas (JQuiz)

    • Encrucillados (JCross)

    • Exercicios de ordenar frases ou letras dunha palabra (JMix)

    • Exercicios de asociación ou emparellamento (JMatch)

     

    HOT POTATOES EN GALEGO

     

    WEBQUEST

    Constitúe unha dinámica capaz de impulsar procesos de emprego reflexivo das tecnoloxías por parte dos alumnos. Enfrontan ao alumnado a procesos de decisión e manexo dos medios (búsqueda e tratamento da información e produción propia utilizando os medios -procesadores de texto, editores de presentacións, editores de imaxes, follas de cálculo...).

    Calquera persoa, sen máis coñecementos que saber utilizar o navegador, estando conectada a Internet pode aquí elaborar on-line a súa propia WebQuest en forma dunha páxina web

    Xerador de Webquest

     

    Tamén podes visitar a Sala de Mestres http://www.edugaliza.org/inicio/sala/mestres donde en breve estrearemos unha zona de teleformación na que xa contamos co curso CLIC para que poidas crear materiais educativos multimedia

    O curso consta de 4 módulos nos que se explican as funcións básicas de Clic e se propoñen diversas prácticas e exercicios.

    Se queres tamén podes ver o anterior curso Clic

     

      


    www.edugaliza.org