webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca

hiparcos
Navegación
Inicio
 Obradoiro
Índice do documento
Introdución
Un pouco de teoría
 Tipografía
 Formatos de imaxe
O escáner
A impresora
O software
Deseño de formatos ...
 Complementos
 Imaxes
Maquetación
Acabado final
Utilidades
Imprimir páxina
Comentarios
Ver comentarios
 
Edición electrónica de revistas escolares
Utilización do ordenador na edición de revistas escolares Manolo Paz 22/8/2005   
Formatos de imaxe

Polo si ou polo non, a nosa publicación vai contar con imaxes (debuxos feitos polos rapaces e escaneados, debuxos orixinados directamente nun ordenador, mapas, fotografías, ...). As imaxes visualizadas nun ordenador gárdanse na memoria ( e nas unidades de almacenamento como o disco duro) mediante mapeados de puntos. Basicamente unha imaxe nun ordenador parécese moito a un mosaico de puntos (brancos e negros, nunha escala de grises desde o branco ao negro ou puntos de cores).

Nesta imaxe ampliada na banda inferior pódese apreciar como os trazos ou liñas están formados por puntos (aquí representados por cuadriños negros ou grises).

GIMP ademais garda a imaxe dunha maneira complexa. Para permitir traballar con áreas da imaxe emprega a metáfora dunha serie de capas (como se fosen de papel transparente) onde se poden gardar diversos elementos da imaxe. Dese xeito sempre se poden modificar áreas restrinxidas ou desprazalas durante a fase de deseño. Veremos máis adiante basicamente que tratamentos faremos en GIMP (ou calquer outro editor de imaxes) coas imaxes, polo momento vexamos como gardalas.

Á hora de pasarmos a información ao disco do ordenador, de gardala ou almacenala temos diferentes opcións, todas elas denomínanse por claves de tres letras, que coinciden coa terminación do nome do arquivo, por exemplo son nomes de imaxes  portada.xcf,  portada.jpg,  portada.gif, portada.tif.

  • O formato propio de GIMP, denominado XCF, por ser esta a extensión dos arquivos, permite gardar todos os elementos da imaxe por separado (canles, trazados de recorte e demais) de tal maneira que permite recuperar o traballo de deseño nun momento dado e continuar ou modificar o feito. Neste formato o arquivo xerado é amplo e extenso (mide moitos KB) polo que resulta pouco práctico para o intercambio de imaxes entre programas. Alén diso só a aplicación GIMP recoñece este tipo de arquivo, é absolutamente incompatíbel con calquer outra aplicación windows, polo que só serve para gardar unha versión editábel das imaxes. Do mesmo xeito os demais editores de imaxe acostuman ter un formato propio para gardar as imaxes (diríamos "en bruto") e así podermos traballar sobre a mesma imaxe en varias sesións, gardando o traballo intermedio nese formato extendido.
  • O formato JPG, PNG e GIF. Son formatos estándar de imaxe, amplamente usados en internet e con diversas características de compresión da información, número de cores ou tonalidades e calidade. GIMP pode manexarse con calquera deles (co GIF só pode gardar a información instalando un plug-in, xa que por causa dun problema de dereitos legais GIMP non pode integrar directamente o módulo de gravación en GIF). Calquera deles dá bos resultados con imaxes creadas para seren vistas en pantalla, pero non para imprimir, por un problema de resolución (As pantallas teñen peor calidade de visualización que o papel impreso, por iso custa menos traballo ler textos en papel que nun monitor, a diferencia é moi grande, xa que as pantallas somente poden representar 72 puntos en cada pulgada mentres que unha impresión de calidade pode superar os 1000 puntos no mesmo espacio; estes tres formatos son usados habitualmente para representar a imaxe en calidades pobres, que se visualizan ben na pantalla ocupando poucos kb).
  • O formato TIF (tagged image file, ou arquivo de imaxe por etiquetas) garda non só a información de imaxe de pantalla, senón tamén o equivalente a imprimir. Acostuman a ser arquivos de gran tamaño, pero de moi alta calidade no resultado impreso. É o formato recomendábel para traballar na edición de material publicábel en papel. GIMP sopórtao perfectamente, e só precisaremos, á hora de gardar as imaxes finais, unha vez elaboradas, modificadas ou creadas, empregar a opción "gardar como" do menú Ficheiro.

    Podemos escoller cartafol (na caixa directorios) e é importante que as opcións de gardar estexan axustadas a Determinar tipo de ficheiro por extensión, deste xeito ao escribirmos  nome_de_arquivo_o_que_sexa.tif, o programa encargarase de gardalo nese formato en concreto.

Nota importante: Entre os cartafois cos que GIMP opera non vai aparecer por ningures o cartafol do "Entorno de red" de windows. Sen embargo GIMP pode acceder á rede perfectamente. Cómpre previamente crear un acceso ao cartafol do servidor na que traballamos mediante a opción "Conectar a unidade de rede" que aparece clicando no botón dereito do rato sobre o Entorno de rede do sistema. Deste xeito crearase un disco duro virtual que representa ao cartafol da rede no que estamos a traballar, e GIMP mostrarao cunha letra da unidade asignada. O sistema vén sendo similar á creación dun acceso directo desde o ordenador no que estexamos a traballar cara o cartafol da revista (que se cadra está nun ordenador distinto,no servidor). GIMP ve perfectamente o acceso (ou unidade de rede) e trátao como un cartafol convencional.

  


www.edugaliza.org