webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Obradoiro
Índice
Introdución
Un pouco de teoría
 Tipografía
 Formatos de imaxe
O escáner
A impresora
O software
Deseño de formatos ...
 Complementos
 Imaxes
Maquetación
Acabado final
Utilidades
Imprimir páxina
 
Edición electrónica de revistas escolares
Utilización do ordenador na edición de revistas escolaresManolo Paz 22/8/2005
Maquetación

Facer unha plantilla da publicación en papel. Trátase de determinar o espacio asignado a cada sección e o seu contido conceptual.


É moi importante comezarmos a visualizar a publicación, mediante unha plantilla feita en papel que pode servir de folla de control do traballo. Habería que representar Portada e Contraportada e o número de páxinas interiores que for preciso (tendo en conta que se imos imprimir en dúas páxinas por folla terá que ser un múltiplo de catro).

Determinar o que sería:

  • Páxina de portada :
    -Ubicación de elementos como logo /cabeceira, bandeira cos titulares do exemplar, cuadro coa data, número e subtítulo, imaxe ou imaxes e zona de avisos.
  • Páxina de contraportada :
    Opcións a considerar como repetir a portada sen elementos do cuadro, ou traballar a continuidade da imaxe de portada, ou xogar a facer unha inversión en espello da portada, ou reservala para publicidade ou plantexar portadas alternativas. Desaconséllase empregar contido na contraportada.
  • Decisións a tomar coas guardas (dorso de portada e contra).
  • Nas páxinas de contido determinar a páxina mestra (ou páxinas mestras) incluído fileteado, marxes, paxinación e sublogos por seccións.

 

Traballando no ordenador....

  • Rematar o traballo de xeración de cabeceira e logotipo empregando GIMP(se é que vai contar con logotipo) e gardalo no cartafol LOGOS. O formato de arquivo preferente para empregar sería o TIF (Tagged Image Format File ou formato de arquivo de imaxe por etiquetas) que é o que proporciona maior calidade de impresión final, a pesar de incrementar en moito o tamaño do arquivo. Hai formatos alternativos pero non son recomendables polos problemas que poden xurdir á hora de imprimir.
  • Preparar a imaxe de portada e traballala. Traballando con GIMP o proceso sería : escanear-> axustar tamaño -> retocar (borrado, pintado, sombreado,...) ->gardado en formato TIF e ubicalo dentro dun cartafol  IMAXES dentro do cartafol 1 da revista. Deste xeito todas as imaxes do número 1 iranse ubicando neste cartafol e quedarán ordenadas ..
  • Xa en Word habería que dispór o programa para o traballo de maquetación cos axustes feitos anteriormente (visualizar área de impresión e cuadrícula). Crear un documento denominado PORTADA.DOC con só dúas páxinas (a portada e a contraportada).
    Neste documento habería que colocar a cabeceira e o debuxo de portada feitos anteriormente. Pódese xa completar a portada inserindo o cuadro de data, número e subtítulo e os titulares e caixa de aviso.
  • Noutro documento novo, denominado CADERNO.DOC crearíanse todas as páxinas interiores mediante a inserción de saltos de páxina. Este documento tería que axustarse en marxes, tamaño, zona de cabeceira e pé para que portase xa o formato da publicación.
  • Sendo posible debería facerse unha impresión de probas da portada cando menos para termos xa unha maqueta previa .


www.edugaliza.org