![]() |
|
|
Precisaremos dous programas (ou tipo de programas), un editor de imaxes e un autoeditor (ou editor de maquetas). Para o primeiro, como xa dixemos imos usar GIMP 1.2 para windows, e para o segundo OpenOffice 1.1 para windows. Ambos os programas son de uso gratuíto e están dispoñíbeis na internet. O GIMP GIMP é un acrónimo de GNU Image Manipulation Program, ou programa de manipulación de imaxes GNU. GNU é unha iniciativa de código aberto e de difusión de software de maneira libre e gratuíta en moitos dos casos, coñecida polo sistema operativo Linux, que forma parte desta iniciativa. GIMP ven a ser o editor de imaxes que se incorpora de maneira estándar na plataforma Linux e en canto a funcionalidade e recursos pode ser comparado con solucións comerciais como Photoshop, cando menos para as necesidades da nosa publicación. Existe unha versión para windows que podemos descargar gratuitamente na internet e instalar no noso ordenador con licencia de uso e distribución aberta. Se ben existen solucións máis elaboradas e con mellor funcionamente na plataforma windows, todas elas teñen carácter comercial e o seu custo acostuma a ser alto. No caso de dispor dun editor de imaxe (habitualmente os fabricantes de escáneres subministran de maneira gratuíta versións limitadas de programas de edición) e estar habituados a traballar con el, podemos prescindir de instalar GIMP ou outro software e usar o que temos. Cerca da metade do tempo de traballo cun programa informático pérdese buscando as opcións, os procedimentos ou os menús onde poder efectuar as operacións que necesitamos. Se xa perdemos ese tempo aprendendo a usar un determinado programa está de máis volvelo a perder para empregar outro, sempre que as funcionalidades sexan similares. Descarga do GIMP Para descargar o GIMP para windows (NT,2000 ou XP) haberá que acceder á páxina de instalación do gimp para windows desde onde haberá que descargar dous arquivos: as GTK+ runtimes (3,5 Mb), que ven sendo unha capa de programación que permite rodar o gimp dentro de windows, e o propio GIMP (7,2 Mb), actualmente na versión 2.2.8 Para descargar só é preciso clicar nas palabras "download" que aparecen á dereita e agardar a que se descarguen os dous arquivos, que están en formato zip. Este é un formato comprimido moi empregado en internet. Unha vez descargados precisaremos un programa descompresor para extraer o contido de ambos. Podemos empregar winzip, winrar ou se o ordenador emprega Windows XP, a propia utilidade do sistema para descomprimir ambos os arquivos. Se temos unha versión de windows anterior a 2000, como a 95,98 ou Me non poderemos instalar esta versión de GIMP xa que está pensada para versións modernas do windows. Na páxina de versións anteriores pódense descargar as versións 2.0 e 1.2, máis antigas pero perfectamente funcionais para o noso propósito. Aínda que a versión máis recente é a que ten maior funcionalidade, nós imos traballar coa versión 1.2, xa que conta coa tradución a galego máis completa (ningunha das versións ten unha tradución completa, polo que algunhas opcións e menús aparecerán en inglés). Para esta versión cómpre descargar tres arquivos (GTK, GIMP e utilidade para compresión LZW, esta última para poder traballar con arquivos de tipo gif, aínda que tamén podemos obviar esta utilidade xa que para os nosos propósitos non imos usar ese tipo de arquivo). Instalación do GIMP Unha vez descomprimidos os dous arquivos (ou tres, se queremos ter a utilidade LZW) teremos no ordenador local dous arquivos de tipo .exe (executables). Hai que executalos un tras outro comezando polas GTK+ en primeiro lugar, xa que se non a instalación de GIMP dará un erro e non permitirá continuar o proceso. A instalación das GTK+ non plantexa ningún problema en principio e só hai que aceptar as opcións por defecto que inclúe.
A instalación de GIMP é similar e ao final do proceso teremos o programa correctamente instalado.
Os instaladores usados están completamente redixidos en inglés, sen embargo tanto as GTK como o GIMP portan a tradución a castellano e a galego. Para determinar cal lingua usará o programa GIMP emprega un valor gardado no sistema denominado LOCALE, que indica cal é o idioma do sistema. Se temos un sistema Windows XP na versión en galego automaticamente o programa cargará na nosa lingua. Se non é así o programa arrancará en castellano. Se queremos que o faga en galego a pesar desta circunstancia, podemos trucar a situación para que sexa así. Hai que entrar cun explorador no cartafol GIMP (que estará en Archivos de programa) e buscar o cartafol GIMP->bin->locale . Dentro deste cartafol hai subcartafois coas mensaxes do programa en cada lingua, a do castellano será ES , a do galego GL. Trátase de eliminar, ou cambiar o nome do cartafol ES, para que GIMP non o vexa e a continuación cambiarlle o nome ao GL e chamarlle ES. Cando despois abramos GIMP, farao en galego. Open Office
|