webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Obradoiro
Índice
Introdución
Un pouco de teoría
 Tipografía
 Formatos de imaxe
O escáner
A impresora
O software
Deseño de formatos ...
 Complementos
 Imaxes
Maquetación
Acabado final
Utilidades
Imprimir páxina
 
Edición electrónica de revistas escolares
Utilización do ordenador na edición de revistas escolaresManolo Paz 22/8/2005
A impresora

Unha impresora é un dispositivo informático que se pode conectar a un ordenador (ou a unha rede de ordenadores) para volcar en papel o texto ou as imaxes que se visualicen na pantalla.

Para o noso obxectivo de publicación dunha revista escolar podemos empregar calquera das impresoras que seguramente posuirá o centro. Cómpre distinguirmos dous tipos de sistemas de impresión:

  • Impresoras de inxección de tinta. Son as máis baratas do mercado. A tecnoloxía empregada consiste nuns diminutos inxectores ou canóns que son capaces de cuspir minúsculas pingas de tinta líquida contra o papel. A composición dos puntos no papel determinará a forma dos caracteres ou imaxes que imprimimos. A calidade é aceptábel para a nosa fin e poden traballar en branco e negro ou cores. A calidade depende do tamaño dos puntos xerados e mídese (igual que nos escáneres) en puntos por pulgada. Unha calidade de 300 ppp pode ser suficiente para a nosa revista, pero 600 ppp sería a desexábel. En caso de termos unha máquina destas características podemos empregar a resolución máis baixa (150 ppp ou 300 ppp) para facer probas e a alta (300 ppp ou 600 ppp) para os acabados finais. Como as gotas son líquidas, a absorción do papel é determinante, os papeis moi absorbentes difunden a tinta e aumentan o tamaño do punto. Polo tanto para os acabados finais haberá que dispór dun papel de calidade (máis caro) habitualmente denominado "satinado" ou "para impresoras de inxección". Habitualmente os fabricantes acostuman indicar esta información na documentación do aparello.
  • Impresoras láser. Son algo máis caras, aínda que non excesivamente se traballamos en branco e negro (as láser de cor son máis caras, aínda que xa se pode achar algunha a prezos razonábeis). Empregan unha tinta sólida en pó denominada "tóner", similar á que empregan as fotocopiadoras. A tecnoloxía consiste en que as letras e imaxes se gravan mediante un fino raio láser sobre un tambor electrostático, que recolle as partículas de toner e as deposita sobre o papel, fixando logo con calor o tóner sobre este. A calidade é superior ao sistema de inxección, sendo a calidade habitual de 600 ppp.  Dentro das láser en branco e negro hai unha subcategoría de maior calidade (e máis caras) denominada impresoras Postscript. Estas máquinas integran unha linguaxe de programación (postscript) que aumenta a calidade final dos acabados e estandariza o sistema de impresión.

Tanto nun caso como no outro temos que ter en conta que a maior parte do traballo a desenrolar vai ser en branco e negro. Pola carestía do sistema que se empregue para facer as copias da publicación (imprenta, fotocopiadora, multicopista) a cor vai ser moi difícil de asumir polo importante orzamento que faría falta, quizá poida ser asumíbel só na portada ou nun grupo reducido de páxinas. Polo tanto, pensando en que o obxectivo é unha publicación en branco e negro, o máis recomendábel sería empregar a impresora láser para os acabados finais se se conta con ela, regulando a saída na calidade máis alta soportable (600 ppp con moita seguridade).

A instalación e configuración das impresoras é moito máis doada que a do escáner. Os sistemas de conexión son os mesmos que pode empregar un escáner, aínda que os máis usados son o cabo paralelo e o  USB, suficientes para o volume de traballo que precisamos. A impresión sempre vai ser un proceso final ao que se lle pode dedicar tempo. Canto aos detalles de instalación, tamén pasa por un programa controlador ou "driver" que suministra o fabricante e que se instala segundo as instrucións que tamén debe fornecer este.



www.edugaliza.org