webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Obradoiro
Índice
Introdución
Un pouco de teoría
 Tipografía
 Formatos de imaxe
O escáner
A impresora
O software
Deseño de formatos ...
 Complementos
 Imaxes
Maquetación
Acabado final
Utilidades
Imprimir páxina
 
Edición electrónica de revistas escolares
Utilización do ordenador na edición de revistas escolaresManolo Paz 22/8/2005
Deseño de formatos iniciais

Unha das primeiras e non pouco importantes decisións a tomar polo equipo de redacción consiste en determinar a cabeceira da publicación. A cabeceira acostuma figurar na parte superior da portada da publicación (aínda que sempre se pode considerar unha ubicación alternativa) e está formada por letras (as do nome da publicación) con ou sen gráficos (que poden estar máis ou menos integrados naquelas).

Aínda que a cabeceira pode ser creada empregando calquer programa de  gráficos dispoñíbel, é conveniente ter en conta que debería tratarse dunha imaxe única. Preparar unha imaxe específica para servir de cabeceira vai dar máis traballo que elaborar directamente con texto no programa de maquetación sobre a páxina o que queremos, pero os beneficios son maiores: unha imaxe única nun arquivo só precisa ser colocada sobre a páxina, non vai sufrir alteracións como descolocacións de letras ou cambios de cores ou posicionamento. Para alén disto, un programa de edición de gráficos por sinxelo que sexa vainos permitir traballar cun cúmulo de efectos de tratamento para o deseño do encabezamento que dificilmente vai ser atinxíbel en programas como os de maquetación.

É interesante tamén considerarmos o traballo sobre un logotipo ou imaxe alusiva que se poida inserir coas letras da cabeceira ou que acompañe dalgún xeito identificando a publicación. No caso das revistas escolares é unha maneira de achegar o resultado final aos usuarios da revista permitíndolles a identificación coa mesma. Non temos por que pensar en logotipos complicados ou elaborados. Un simple debuxo identificador pode valer, e a experiencia informa de que o resultado acostuma ser exitoso.

Se no equipo de redacción temos a sorte de contar con membros afeccionados ao grafismo, mesmo poderíamos desenrolar un xogo de logotipos para identificar as distintas seccións da publicación, ou convocar un concurso de ideas extensíbel a todo o centro. Para alén da vistosidade do resultado final é unha apoiatura excelente para explicarlle aos rapaces que hai en cada parte da publicación, cumpre unha función de ubicación dentro da revista que non deberíamos desaproveitar.

Traballando co ordenador (a cabeceira)

Comezaremos por abrir GIMP clicando no icono do escritorio (ou, se non o hai abríndoo desde Iniciar->Programas->Gimp->Gimp 1.2). Unha vez aberto, veremos que GIMP é unha aplicación formada por múltiples caixas ou xanelas que funcionan en conxunto. Pode resultar ao principio algo confuso, xa que o habitual é que unha aplicación teña unha única xanela, pero esta ferramenta foi deseñada así para dar maior flexibilidade ao usuario e poder dispór ao seu gusto as distintas caixas pola pantalla.

A caixa principal é a das ferramentas, composta por unha chea de botóns que intentan suxerir a finalidade de cada unha

As demais xanelas, en principio, podemos pechalas clicando na x do recanto superior dereito.

A continuación crearemos unha imaxe, clicando o menú Ficheiro da caixa de ferramentas escolleremos Novo

Aparecerá un formulario de creación de imaxe en branco...

É importante neste momento axustar determinados valores, os que veñen por omisión non nos valen. Primeiro a resolución, GIMP ofrece 72 puntos en horizontal (X) e en vertical (Y) . Estes valores son correctos para imaxes de internet (para saída en pantalla, pero van dar unha imaxe de ínfima calidade para o noso propósito. Hai que situar 300 e 300 como valores de resolución (600 quizá sería un valor de mellor calidade, pero quizá o arquivo se convertise en pouco manexábel polo seu tamaño.
Axustada a resolución, fixarémonos agora en ancho e alto, á beira deles hai un botón que contén a palabra in (de inches=pulgadas), pasémolo primeiro a valores métricos. Clicando sobre o botón escolleremos mm (milímetros), e introduciremos os valores de ancho e alto. Imos facer o encabezamento da revista así que o mellor será tomar unha folla de papel do tamaño que vaia ter a revista, e debuxar cun lápis un rectángulo no sitio e do tamaño que lle queremos dar á cabeceira (deixando unhas marxes axeitadas, xa que non imos poder imprimir ata a beira do papel). O tamaño non ten que ser exacto, basta unha aproximación porque despois poderemos axustar.

Mediremos a caixa en milímetros e inseriremos os valores de ancho e alto. Clicando en Aceptar, GIMP creará a folla en branco 



www.edugaliza.org