![]() |
|
|
Un cabo de rede é o medio que une as tarxetas dos ordenadores situados nunha rede. Como estamos a montar unha rede ethernet 10/100 empregaremos cabo de par trenzado con conectores rj45 en exclusividade, como o da imaxe (é semellante aos conectores telefónicos só que máis grande e con oito en lugar de catro contactos)
Tanto nun caso como no outro as únicas limitacións que teremos son: Dos oito fíos do cabo só se empregan catro fíos para a transmisión de información, quedando os outros catro inutilizados. Os catro fíos empregados colócanse de distinto xeito nos conectores finais segundo o tamaño da rede que vaiamos crear. Dous dos catro fíos serven para a emisión dunha máquina dada (positivo e negativo) e os outros dous serven para a recepción (tamén positivo e negativo). Este dispositivo chámase concentrador de rede ou "hub". Os cabos colocaranse entre cada unha das tarxetas e o concentrador nunha disposición que os especialistas denominan "rede con topoloxía en estrela (o hub no centro da estrela e os ordenadores nas puntas )". Neste caso os cabos denomínanse cabo directo ou normal, xa que os fíos de cores se colocan directamente emisión con emisión e recepción con recepción.
Se imos adquirir ou encargar os cabos xa feitos, só haberá que precisar se o queremos normal (para ordenadores e hub) ou cruzado (unicamente para unir dous ordenadores). Se imos facer nós os cabos precisamos aparte dos metros necesarios do mesmo que haberá que cortar nos segmentos que fagan falta, os conectores para colocar nos extremos (do tipo RJ45) e unha ferramenta especial denominada tenaza de grimpado. Non é unha ferramenta cara, nin difícil de usar pero, como estamos montando unha pequena rede, sería interesante un empréstimo. cabo normal
cabo cruzado
O único problema que pode aparecer no cableado, se respetamos as limitacións de lonxitude de cada segmento antes citadas e os fíos están correctamente "grimpados" nos conectores é que haxa un defecto de fabricación nun dos fíos, ou de ruptura por tensión. A maneira de comprobar a continuidade do cabo e o paso da corrente entre os contactos pódese facer facilmente cun polímetro de electrónica, ou, non contando con esta ferramenta, cunha pila e unha lámpada de linterna e uns anacos de cabo eléctrico. Montaremos un sinxelo circuíto entre a pila e a lámpada de tal xeito que esta se acenda. Logo cortaremos un dos cabos e pelaremos un pequeno anaco dos extremos cortados. Deste xeito, tocando con estas puntas peladas nos contactos dos RJ45 do cabo fabricado, comprobaremos polo acendido da lámpada se a corrente pasa entre os contactos tocados.
|