| Mantenimento de equipos | | | Manual de mantenimento de equipos informáticos | Manolo Paz 21/10/2002 | Sen rato
En circunstancias especiais (por avería no dispositivo do rato, ou carencia do mesmo, ou fallo nos controladores do dispositivo) pode ser que teñamos que usar o ordenador sen rato. Os sistemas baseados en xanelas como é windows teñen unha dependencia deste dispositivo, sen embargo podemos usar algunhas funcións básicas empregando os chamados 'atallos de teclado'. Consisten en premer combinacións de teclas establecidas que xeran accións no ordenador (en sustitución ou complementariamente ao rato). Mesmo hai moitos usuarios acostumados a estes atallos que aumentan grandemente o ritmo de traballo coa máquina aproveitando esta característica.
A maioría das combinacións de atallo fanse coas teclas MAIÚSCULAS (normalmente marcada cunha frecha ou coa palabra SHIFT, non confundir coa de bloqueo de MAIÚSCULAS ou Caps Lock), CONTROL, TAB, ALT e INTRO (ás veces tamén entran nas combinacións teclas de letras específicas ou a tecla ESC).
 A funcionalidade primitiva dalgunhas destas teclas, fóra das que son obvias, pérdese nos primeiros tempos da informática, e na súa maioría son reaproveitadas para outras funcións como estas.
En ausencia de rato son útiles estes atallos:
- tecla windows -> equivale a premer no botón Inicio
- tecla windows + Pause(ou Break) -> Abre as propiedades do sistema
- tecla windows + M -> minimiza todas as xanelas abertas
- tecla windows + E -> Abre o icono do Sistema (O meu ordenador)
- tecla windows + F -> Abre a búsqueda de arquivos
- tecla windows +F1 (da fila de riba do teclado)-> Abre a axuda de windows
- tecla windows +R -> Abre o cadro de 'executar' un arquivo.
Unha vez dentro de calquer xanela aberta ou cadro, as teclas do cursor e a tecla TAB permiten moverse de botón en botón e facer clic sobre eles coa tecla INTRO. |