webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Obradoiro
Índice
Introdución
O equipo
 A CPU
 O teclado
 O rato
   Sen rato
A rede de ordenador...
 Tarxeta de rede
 Cableado
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
Mantenimento de equipos
Manual de mantenimento de equipos informáticosManolo Paz 21/10/2002
O teclado

O teclado é o dispositivo de entrada máis antigo na informática. Evolucionou desde teclados numéricos ao teclado de máquina de escribir. Os teclados actuais inclúen teclas alfanuméricas (as da máquina de escribir) un teclado numérico (como o das calculadoras), teclas de función (F1..F12) e teclas de movimento do cursor.

Funcionamento

O teclado de ordenador intenta imitar en todo os teclados de máquina de escribir, polo que o seu funcionamento pretende ser moi intuitivo. Como peculiaridades para o recén chegado a este mundo só comentar:

Hai unha pila de teclas de control (xeralmente as marcadas en gris escuro) que non escriben nada en pantalla,  denomínanse 'teclas mortas'. Algunhas como 'ctrl' 'esc' 'alt' e 'shift' úsanse normalmente en combinación con outras.



Hai tamén caracteres (como © ® € e outros) que non están no teclado. Para podelos escribir hai que pulsar combinacións especiais. Se abres botón inicio / programas/ accesorios/ mapa de caracteres podes acceder a eles e aprender a combinación necesaria.

Panel de configuración

Podes modificar o funcionamento do teclado desde o botón inicio / configuración / panel de control / teclado. Terás un panel onde axustar...


... o retardo e a velocidade de pulsación, o idioma do teclado e o controlador a usar


Configuración

No sistema windows o teclado forma parte da configuración básica, isto quer dicir que o propio sistema xa habilita os controladores necesarios para facer o funcionar esta peza.

Localizar o controlador
Se estás a empregar un teclado distinto ao que forma parte do equipo, sobre todo se ten algunha funcionalidade especial (sen cable, óptico ou outro) o fabricante terá que acompañar a peza cun disquete ou cdrom cos controladores, e as instrucións pertinentes para podelo usar . Se non for así, en internet poderás achalos. Desde un buscador como os que hai na biblioteca de edugaliza emprega o nome do fabricante máis a palabra 'driver' (controlador) , seguramente aparecerá algún resultado (en inglés) que che pode dar unha pista, intenta localizar a expresión 'download driver' (descargar controlador) . Son descargas gratuítas normalmente, porque o fabricante entende habitualmente que xa adquiriche a peza, polo que non está regalando nada.
Se non aparecen algunhas letras na pantalla que si están no teclado, como a ñ, ou aparecen ao pulsar unha tecla distinta da marcada, temos o teclado configurado noutro idioma. Haberemos de acceder ao Panel de configuración e seleccionar o idioma apropiado (que haberá de ser o castellano xa que windows non recoñece o galego como lingua do sistema, e o xogo de letras coincide).

 


Reparacións

A avería máis común que se pode dar, e non é frecuente, é a caída dunha tecla ou varias debido a un golpe accidental.

Caída de teclas
Neste caso a reparación pode non ser doada. As teclas acostuman a ir fixadas sobre unha membrana de goma ou outro dispositivo mecánico, e se a caída implicou rotura da goma ou da fixación o intento de repoñela ou pegala pódea deixar inservible. É preferible sustituír o teclado por un novo, xa que o prezo dun teclado estándar non é significativo e non paga a pena ir a un servicio técnico.
Se se trata dun teclado non estándar (sen cable,...) pode aparecer algunha avería reparable. Ao tratarse de tecnoloxías moi sofisticadas dificilmente poderemos facer nada, haberá que acudir a un servicio técnico, preferiblemente o da marca da peza. Sería recomendable consultar antes a documentación que acompaña ao teclado, se a hai, ou buscar en internet empregando o consello para localizar o controlador.

Mantenimento

A única operación de mantenimento que cabe facer cun teclado é limpar as teclas. Co uso frecuente acábase depositando unha costra suxa sobre as teclas coa mestura de feluxes e a graxa que os dedos van deixando.

Limpeza do teclado
Para a limpar, co equipo apagado, pódese empregar un cepillo dos dentes vello, lixeiramente humedecido, para esfregar e un trapo seco para secar e limpar. Non se debe empregar alcohol como líquido limpiador porque reacciona co plástico e sobre todo coas tintas de serigrafía das letras, e pódense borrar. É mellor calquer líquido suave de limpeza doméstica, que non se debe rociar para evitar que entre nos circuítos internos. Mellor humedecer o cepillo ou o trapo e sempre lixeiramente, e deixar secar ben todo antes de acender o equipo. 

Variacións

Existen no mercado algunhas variantes ao teclado estándar

  o teclado chamado 'natural'  , idéntico en funcionalidade ao estándar, pero cunha colocación distinta das teclas. O bloque alfanumérico (as letras) está situado en dúas zonas xiradas en ángulo para adaptarse á colocación natural das mans cando se escribe nel. Ten interese para as persoas que saiban dixitar con todos os dedos dado que facilita a postura corporal e a comodidade na escritura.
 

coa popularización de internet apareceron teclados cunha ringleira nova de teclas (botóns máis que teclas) especializados na navegación pola rede. A funcionalidade destes botóns novos está en efectuar as mesmas accións que algúns dos menús do navegador de internet (abrir correo, abrir o navegador, ...) .Non teñen máis peculiaridades

Para saber máis

Os teclados tamén teñen as súas curiosidades

  Os teclados informáticos xorden dun traspaso tecnolóxico proveniente da mecanografía. As máquinas de escribir son inventadas no século XIX por Christopher Latham Sholes e, paradoxicamente, a disposición das teclas (coñecida como QWERTY -as teclas da liña superior de letras-) foi elaborada partindo dunha estatística das letras máis usadas en inglés, de tal xeito que as de maior uso quedasen nos dedos máis débiles para evitar que as varas que movían os tipos se entrechocasen por exceso de velocidade... Na actualidade, sen ese problema tecnolóxico, seguimos mantendo a disposición QWERTY por simple inercia.. Aquí hai información sobre a historia dos teclados  e tamén aquí, máis completa . Historicamente intentouse unha disposición de teclas alternativas co teclado DVORAK , podes ampliar isto aquí , cunha colocación pensada (en inglés) para aumentar a velocidade de tecleado , pero non coallou.
 

Un debate aínda aberto, e ao que non se lle acostuma a dar importancia maior, pudendo tela, é determinar se é necesario adquirir a habilidade da mecanografía para usar eficientemente o ordenador ou podemos arranxarnos de calquer maneira con el.



www.edugaliza.org