webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Obradoiro
Índice
Introdución
O equipo
 A CPU
 O teclado
 O rato
   Sen rato
A rede de ordenador...
 Tarxeta de rede
 Cableado
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
Mantenimento de equipos
Manual de mantenimento de equipos informáticosManolo Paz 21/10/2002
A rede de ordenadores

Denomínase rede de ordenadores á estrutura formada por varios ordenadores interconectados por calquer medio físico (habitualmente un cabo de conexión específico chamado cabo de rede) que lles permite manexar certos recursos en común entre eles.

 O concepto básico de traballo baséase nas potencialidades que a interconexión de máquinas pode fornecer. Un só ordenador ten os recursos e dispositivos que a propia máquina ofrece. Varios ordenadores simplemente suman estes recursos. Conectados en rede os recursos locais de cada máquina vense aumentados polo traballo en equipo.  

A rede é superior en capacidade á simple suma de máquinas. Poden compartir unha impresora entre varios equipos, ou un lector de CD, ou unha conexión a Internet. O traballo realizado nunha das máquinas, que, se cadra, é antiga e pobre en recursos pode en certa maneira, igualarse co realizado noutra máis potente porque se disporá dos recursos desta última a través da rede. 

No momento actual a maioría dos centros de ensino de Galicia da rede pública (polo menos por riba dun certo número de unidades) están dotados ou están sendo dotados dunha rede de ordenadores instalada pola administración educativa, aínda así pode ser útil indicar certas consideracións a respecto dos equipos que se poden integrar nunha estrutura deste tipo.

Calquer ordenador que funcione é válido en principio para ser integrado nunha rede. Debido ás limitacións que nos marcamos nun principio, e tendo en conta que pretendemos un traballo básico precisamos cando menos que todos os ordenadores teñan instalado Windows 95 (ou superior; 98, Me, NT, 2000, XP). Existen sistemas operativos alternativos como Mac, Linux, Be ou outros, con moitísima potencialidade, pero que, precisarían contar con persoas formadas neses sistemas traballando no centro para usar estas máquinas. Windows 95 (ou superior) ofrece comodidade e seguramente confianza a persoas con coñecimentos básicos. O feito de situar W95 como mínimo débese a que a partir desta versión de Windows o soporte de redes necesario para a montaxe está integrado no sistema operativo do ordenador.  
W95 vai permitir o traballo en rede (local) pero seguramente nos vai facer case imposíbel o acceso a internet de maneira eficiente (a internet de hoxe require unhas capacidades no navegador que o de w95 non atinxe, e sería moi complicado actualizar o navegador de W95 ata a capacidade dos actuais), polo que se queremos rede local + internet teremos que arrancar de W98 como sistema básico.Non mencionaremos neste manual a posibilidade de integrar máquinas con versións anteriores de windows ou msdos, dado que estes sistemas non están deseñados para entornos de rede e as configuracións serían laboriosas (e seguramente non terían moitas das capacidades que a rede proporciona).  

As características mínimas que os ordenadores deben reunir son:  

Características Equipo mínimo win95 Equipo mínimo win98
Procesador A partir dun 386 SX ou equivalente A partir dun Pentium ou equivalente
Memoria A partir de 4 Mb A partir de 32 Mb
Disco duro 100 Mb mínimo 500 Mb mínimo
Monitor 256 cores mínimo 256 cores mínimo

Non é o obxectivo desta sección do manual explicar a restauración de ordenadores obsoletos, aínda que esta foi e segue a ser unha vía de adquisición de equipos para un centro docente, polo que se dará por feito, como paso previo, que todos os ordenadores que se van integrar na rede contan con W95 (ou superior) instalado como sistema operativo.



www.edugaliza.org