|
O autorun é simplemente un arquivo que se chama autorun.inf e colócase na raíz do cd-rom para que a aplicación abra co simple feito de poñer o Cd-rom no reprodutor.
O arquivo autorun.inf é un arquivo de texto que se fai co Bloc de Notas ou outro procesador tipo texto e ten as seguintes instrucións:
|
[autorun] open=nome_do_arquivo_a_executar.exe icon=nome_do_arquivo_da_icona.ico |
A icona é opcional é o único que fai é que no Explorador de Windows identificará a unidade con isa icona.
Se vos fixades ben, estamos a falar de arquivos .exe , é decir executabels.
Qué ocorre cos arquivos de datos, é decir arquivos que se executan noutro programa? Por exemplo .doc; .html; .ppt .
Para eso sustituimos a instrucción open por shellexecute, quedando así:
|
[autorun]shellexecute=nome_do_arquivo_a_executar.exe icon=nome_do_arquivo_da_icona.ico |
Ás veces existe un pequeno problema, Qué facemos? ¡
Pois a solución é moi sinxela. Empregar un programa lanzadeira. Cómo se fai?
Descarregamos o programa ShelExec.exe, e escrebemos o arquivo autorun.inf da seguinte maneira:
[autorun] open=ShelExec.exe nome_do_arquivo_a_executar.extension icon=nome_do_arquivo_dal_icona.ico |
Por exemplo:
[autorun] open=ShelExec.exe index.html icon=elcano.ico |
Entón inclue-se no directorio raiz o programa ShelExec.exe e o arquivo autorun.if xunto o arquivo da aplicación a executar. Se queredes facer unha ícone se pode usar o programa Online de www.favicon.com
ou o programa Microangelo.
O programa ShelExec.exe descarrega-se de www.naughter.com/shelexec.html
TRUCOS
O arquivo autorun.inf créase preferintemente co Bloc de notas. Entón busca-os no cartafol onde o guardache e lle mudas a extensión. Para iso debes ter deshabilitada (non marcada) a opción: Ocultar as extensións de arquivo para tipos de arquivo coñecido que se atopa en Panel de Controlo >>> Opcións de cartafol>>> Pestana ver.

OUTRAS OPCIÓNS
Outra forma:
Temos que crear dous arquivos, para iso abre o bloc de notas (inicio, programas accesorios, bloc de notas), escrebe como che indico mais abaixo e guarda-lo co nome e a extensión que che digo (en nengún caso teñas activada a opción Tipo de arquivo *.txt, se non *.*
Primeiro arquivo de nome: auto.bat , escrebe o seguinte:
@explorer nomedecartafol\nomedearquivo.extensión
@exit
Segundo arquivo de nome: autorun.inf , escrebe o seguinte:
[autorun]
open=auto.bat
NOTAS:
1 Estes arquivos se copian fora de todos os cartafois, na raiz do sistema de cartafois
2 Escrebemos nomedecartafol, no arquivo auto.bat se o arquivo que queremos que se execute está nun cartafol, se non directamente escreberíamos o nome do arquivo
MAIS POSIBILIDADES
CREAR UN AUTORUN PARA PÁXINA WEB
Para crear un Autorun para unha páxina web, é necesario especificar outro arquivo de Windows para que poda abrila páxina, é dicer, o Explorador de Windows.
Se non o fas asi e gravas o CD, cando queiras que se inicie o Autorun, che dirá que non é unha aplicación Win32 valida. Portanto , ten en conta estas explicacións, e segue o exemplo que hai mais abaixo:
[autorun]
OPEN=\windows\explorer.exe nome_páxina_web.html ICON=Nome_arquivo_icona.ico
Fíxate que no comando OPEN, entre explorer, exe e nome_páxina_web.html, hai un espazo. nome_páxina_web.html = o nome da páxina web que desexe que inicie o autorun Nome_arquivo_icona.ico = introduce o nome do arquivo da icona.
Por exemplo, se queres facer un autorun para un CD, e que o Autorun che inicie unha páxina web chamada "index.html", con unha ícona para o CD, chamado "icoCD.ico". Terás que facer o seguinte:
[autorun]
OPEN=\windows\explorer.exe index.html ICON=icoCD.ico
Por suposto, poden-se pór a ícona e o executabel ou páxina nun directorio do CD, pero deberá-se incluir a rota de acceso até o arquivo no Autorun.
ENGADIR OPCIÓNS AO MENÚ CONTEXTUAL
Outra cousa que se pode facer desde o arquivo AUTORUN.INF é engadir opcións ao menú de contexto do CD-ROM (o que sai ao calcar co botón secundário sobre a ícone do CD). Pode resultar interesante dar a opción de "Explorar o contido do CD" ou "Iniciar a instalación de... (un programa calquera)". Isto tamén é fácil:
[AUTORUN] OPEN=SHELEXEC.EXE <arquivo> ICON=<ícona>
SHELL\EXPLORAR=Explorar o contido do CD-ROM SHELL\EXPLORAR\COMMAND=EXPLORER.EXE /E,\
SHELL\HTML=Ver índice HTML do CD-ROM SHELL\HTML\COMMAND=SHELEXEC.EXE INDICE.HTM
O truco consiste en crear parellas de liñas "SHELL\<clave>" e "SHELL\<clave>\COMMAND" poñendo na primeira o texto que queremos que apareza no menú de contexto, e na segunda a instrucción que queremos que se execute ao selecionar a opción.
Artigo orixinal: http://users.servicios.retecal.es/ljpadillam/ |