|
Grazas a este sinxelo programiña do mestre Fran Macías, rápidamente podes crear unha imaxe interactiva e sen instalar nada no ordenador.
E qué unha imaxe interactiva?. Pois é unha imaxe na que definimos unhos puntos que posúen sons, textos, imaxes, vídeos, ou ligazóns a páxinas web.
"Mapas", necesita só 3 arquivos para funcionar:
-
mapas.swf
-
mapas.html
-
mapas.xml
So temos que modificar os parámetros do arquivo xml para adaptalos á nosa imaxe e engadir os recursos multimedia que empreguemos (imaxes, sons, vídeos...), un exemplo:
<?xml version="1.0" encoding="ISO-8859-1" ?> <mapa imaxe="imaxe1.jpg" tam="80" trans="50" texto="COBAS - OURENSE "> <punto posx="100" posy="60" texto="MONTAÑAS" son="ovella.mp3" tip="Montañas da comarca de Valdeorras" cor="000000" tipson="galo.mp3">monta.jpg</punto> <punto posx="350" posy="200" texto="ESTACIÓN" tip="estación" son="" imaxe="estacionmini.jpg">http://google.com</punto> <punto posx="200" posy="200" texto="ENCORO" tip="encoro">encoro.jpg</punto> <punto posx="250" posy="300" texto="Encoro" son="galo.mp3" imaxe="encoro.jpg" tip="monta">encoro.jpg</punto> <punto posx="150" posy="300" texto="" son="galo.mp3" tip="Novo"></punto> <punto posx="450" posy="300" texto="HUBBLE" tip="Hubble">hubble.flv</punto> </mapa>
A imaxe principal e "imaxe1.jpg" e nela definiremos os puntos nos que queremos que ocorra algo coa etiqueta <punto> </punto> e dentro: posx: posición x posy: posición y. texto: pé da imaxe. son: son ligado co punto. tip: texto que aparece ao pasar o rato por enriba.
tipson: son que se escoita ao pasar o rato por enriba. imaxe: imaxe que aparece ao pasar o rato por enriba do punto. cor: código da cor en formato HEXADECIMAL
tam e trans: tamaño do punto e a transparencia en porcentaxe (100 opaco 0 transparente-non visible). Co valor 0 en trans pódese crear unha imaxe con "puntos quentes" (mala traducción do inglés), é dicir os puntos non se ven pero están.
Ademais admite unha imaxe ou a ligazón a unha páxina web, para esto último é necesario escribir o enderezo comezando por "http"
Os formatos que soporta son o .jpg para as imaxes, .mp3 para os sons e .flv para os vídeos. |