|
Pensando na celebración das Letras Galegas no Centro, a WebQuest combina producións dixitais con producións en soportes materiais.
A exposición real poderá montarse nos corredores do centro e formar parte das acitividades que espeficamente se realicen para conmemorar a data sinalada.
OBXECTIVOS:
- Afondar no coñecemento da vida e obra do persoeiro galardoado no día das Letras Galegas no ano 2007.
- Aprender a usar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, nomeadamente a Internet, para buscar, elaborar e interpretar información.
- Aprender a traballar de xeito cooperativo. Propiciar a responsabilidade individula e grupal na consecución dun obxectivo común.
- Aprender a presentar traballos tanto oralmente como por escrito.
TEMPORALIZACIÓN:
- Búsqueda, selección e procesamento da información por parte de cada membro (situarse no rol): 1 sesión de 1h.
- Planificación do proceso de traballo, procesamento grupal da información, estruturación da tarefa a realizar (simulación do debate de expertos): 2 sesións de 1 hora.
- Elaboración do material requerido: 6 sesións de 1 hora.
- Preparación da presentación oral: 1 sesión de 1 hora.
- Presentación oral: 1 sesión de 1 hora (axustable en función dos membros do grupo).
- Montaxe da exposición no centro: 1 sesión de 1 hora.
MATERIAIS:
- Aula de informática con conexión a internet.
- Impresora.
- Cartulinas, pegamento, rotuladores... (para montar a exposición).
- Canón proxector (para realizar a presentación oral).
METODOLOXÍA:
Para un óptimo aproveitamento das dinámicas de WebQuest, é interesante aplicar estratexias propias da aprendizaxe cooperativa, pois unha WebQuet non é máis que unha forma posible de aprendizaxe cooperativa empregando as Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
Non podemos esperar que os nosos alumnos e alumnas saiban organizar e xestionar de forma espontánea un grupo de traballo con todo o que implica: planificación da tarefa, coordinación, xestión do material, procesos de toma de decisión... O ámbito do aprender a ser e aprender a convivir e as estratexias precisas para desenvolvelo deben formar parte dos obxectivos de calquera proceso de aprendizaxe.
As seguintes referencias poden sernos útiles á hora de traballar o desenvolvemento das habilidades cooperativas e de organizar as sesións de traballo grupal da WebQuest. Pensemos que neste proceso teremos que responder a preguntas aparentemente triviais pero claves para o desenvolvemento da tarefa como son o criterio de constitución dos grupos, estratexias de control e seguimento dos mesmos..., cuestións antes as cales os seguintes traballos poden axudarnos a posicionarnos:
Los grupos de aprendizaje cooperativo, una propuesta metodológica y de organización.
Principios didácticos, aprendizaje cooperativo y proceso de enseñanza
Datos da WebQuest:
· Autora: Ester Vázquez Blanco.
· Nivel Académico e curso ao que vai dirixida a WebQuest: 3º Ciclo de Primaria e 1º da ESO
· Materia: Lingua galega, transversal. |