webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
Índice
Indice
Tarefa
Proceso
Recursos
Avaliación
Guía didáctica
Créditos
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
María Mariño
Webquest sobre María MariñoEster 10/1/2007
avaliación

Avaliación

Para avaliar o traballo, fixarémonos nos seguintes aspectos:

 

-          Utilización dos recursos da rede.

-          Exposición clara das ideas que se queren comunicar.

-          Utilización correcta da lingua galega.

-          Viabilidade e orixinalidade da exposición proposta.

-          Funcionamento e relación entre os tres membros do grupo.

-          Composición e estética da presentación e da exposición.

 

  

CATEGORIA

4 puntos

3 puntos

2 puntos

1 punto

Contido-Precisión

Toda a información na presentación e na exposición é correcta.

99-90% da información na presentación e na exposición é correcta.

89-80% da información na presentación e na exposición é correcta.

Menos do 80% da información na presentación e na exposición é correcta.

Escritura-Gramática

Non hai erros gramaticais nin ortográficos na presentación e na exposición.

Non hai erros gramaticais nin ortográficos na presentación e na exposición despois da revisión por parte do mestre.

Hai algún erro gramatical e ortográfico na presentación e na exposición aínda despois da revisión por parte do mestre.

Hai varios erros gramaticais e ortográficos na presentación e na exposición aínda despois da revisión por parte do mestre.

Presentación oral

Realizaron unha presentación con corrección lingüística, coherencia no discurso, propiedade nos contidos e fluidez verbal.

Tiveron algún problema de corrección lingüística, coherencia no discurso, propiedade nos contidos e/ou fluidez verbal, pero en xeral trátase dunha presentación clara e coas ideas ben estruturadas.

Tiveron problemas de corrección lingüística, coherencia no discurso, propiedade nos contidos e/ou fluidez verbal, pero na presentación segue observándose unha unidade.

Tiveron problemas de corrección lingüística, coherencia no discurso, propiedade nos contidos e/ou fluidez verbal e trátase dunha presentación confusa e coas ideas pouco estruturadas.

Coñecemento Gañado

Tódolos alumnos do grupo poden contestar axeitadamente tódalas preguntas relacionadas coa información na presentación e na exposición e o proceso técnico usado para crealo.

Tódolos alumnos do grupo poden contestar axeitadamente a maioría das preguntas relacionadas coa información na presentación e na exposición e o proceso técnico usado para crealo.

Algúns dos alumnos do grupo poden contestar axeitadamente algunhas das preguntas relacionadas coa información na presentación e na exposición e o proceso técnico usado para crealo.

Varios alumnos no grupo parecen ter pouco coñecemento sobre a información e procesos técnicos usados na presentación e na exposición.

Gráficos

O s gráficos van ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos.

O s gráficos van ben co texto, pero hai moitos que se desvían do mesmo.

O s gráficos van ben co título, pero hai moi poucos e o coxunto parece ter un "texto pesado" para ler.

O s gráficos non van co texto e aparentan ter sido escollidos sen ningún orden.

Atractivo

O material é excepcionalmente atractivo en termos de deseño, distribución e orden.

O material é atractivo en termos de deseño, distribución e orden.

O material é relativamente atractivo aínda que pode estar un pouco desordenado.

O material é bastante desordenado ou está moi mal deseñado. Non é nada atractivo.

Traballo en grupo

Todos e cada un dos membros colaboraron, dende as tarefas do seu rol, buscando información, facendo propostas e elaborando a presentación de forma responsable.

A maioría dos membros colaboraron, dende as tarefas do seu rol, buscando información, facendo propostas e elaborando a presentación de forma responsable.

O grupo traballou de forma bastante descohesionada, sen un proxecto grupal claro e con certa descoordinación nas actividades.

O grupo traballou de forma moi descohesionada, sen un proxecto grupal claro nin unha coordinación das actividades.

Uso do Tempo de Clase

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o proxecto e nunca fixo perder o tempo a outros.

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o proxecto e nunca fixo perder o tempo a outros.

Usou ben algo do tempo  durante cada periodo de clase. Houbo certo énfase en realizar o proxecto, pero ocasionalmente distraía a outros.

Non usou o tempo de clase para realizar o proxecto ou distraía con frecuencia a outros.

 

 

Plantilla deseñada por José Mª González-Serna segundo o modelo de Bernie Dodge.
Este documento atópase baixo Licencia Creative Commons.


www.edugaliza.org