20032005Mais20062007
Voltar ao inicio
2005
 Tarefa e procesos
 Biblioteca
 Avaliación
 Envío de traballos

Páxina en pdf
Documento en pdf
Tarefa

Debedes elaborar unha reportaxe na que recollades a vida, a obra e o contexto histórico no que vivíu Lorenzo Varela. Por problemas de espazo no xornal, só tedes 2 páxinas de word para escribir o artigo incluíndo imaxes.

Tedes que entregar o voso traballo nun ficheiro de word o mellor presentado posible.

Procesos

Logo de facer os 3 grupos, buscaredes información pola rede e/ou en libros, vídeos, exposicións, etc.

Un grupo estudiará a súa vida: onde naceu, onde medrou, como era a súa familia, en que lugares viveu, a que se adicaba ademais da literatura, feitos máis relevantes da súa vida, etc.

O segundo grupo analizará o contexto histórico no que viveu: en que época viviu, cales son os feitos máis importantes desta época, que pasaba en Galiza neste tempo, que pasaba no resto do mundo, cales foron os feitos máis relevantes deste período histórico, etc.

O terceiro grupo centrarase no estilo literario: cales son as características xerais do movemento literario da época en Galiza, autores máis destacados deste momento e a relación con Lourenzo Varela, períodos na vida artística do autor, temáticas na súa producción artística, análise dalgunha das obras máis representativas, etc

Á vez que ides lendo a información deberedes ir gardando imaxes que despois vos poderán servir de axuda para montar as páxinas da reportaxe.

Unha vez teñades localizada a información os tres grupos deberedes xuntarvos para escribir o artigo en base ao material que fúchedes recopilando. Pensade que non chega con copiar e pegar, senón que ten que ter un único estilo de redacción.

Unha vez redactado o texto final debedes engadirlle as imaxes que o ilustren.

Deberedes poñerlle un título que exprese con claridade de que vai a vosa reportaxe e unha entradiña (espécie de resumo en 3 liñas do que é a reportaxe).

Finalmente deberedes montar todo o artigo en word para entregarllo á profesora.



www.edugaliza.org