Traio aínda fresco nos ollos o contorno da patria. Desde Teixido a Santa Trega e desde Fisterra ao Caurel, Galiza vén como nun sono a campear aquí no teito de Europa para reclamar na súa propia voz o seu sangue espallado polo mundo, a súa xente perdida, o esforzo de tanto traballo, de tantas bágoas de raiba e de saudade, que tamen a ela a deixan orfa, escoada, valeira dos seus millores fillos. Veño, irmáns, a nome da Terra Nai a travervos a palabra sagrada do seu amor e do seu desespero.
Lausana (Suíza), 20 de Xuño de 1987