webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
Índice
Experiencias
 O noso nome
 Os aniversarios
 Responsabilidades
 A biblioteca de a...
 O conto tradicion...
 O conto creado
 Producións escrit...
 Reciclaxe de cont...
 As fotos de famil...
 Contar noticias
 Ler as noticias
 Debate de noticias
 As listas
 Mandar notiñas
 Ordenadores nas a...
 Imprimir
Utilidades
Imprimir páxina
 
Experiencias de lingua escrita
Algunhas actividades de aula desde o enfoque construtivistaManolo Gesto 29/4/2004
Mandar notiñas

"Recadiños" ou "cartas"; quen non cazou algunha vez a alguén mandándose notiñas con pequenas mensaxes?. Eu mesmo recoñezo que hai uns cantos anos non sempre me facía gracia.

Pero, se reflexionamos un pouco sobre este aspecto podemos chegar rapidamente á conclusión de que eses textos que escriben son MOI significativos para eles, e que constitúen unha poderosa ferramenta motivadora que podemos aproveitar para a aprendizaxe da lingua escrita.

Un xeito de facelo é deixando á vista de todos un recuncho con anaquiños de papel (pode ser de refugallo ou máis elaborado, iso queda á elección de cadaquen) que poidan utilizar para comunicarse, entre eles ou connosco, en calquera momento. É moi importante facerlles ver que se trata dunha actividade de escritura, e que se a utilizan, non poderán falar connosco, xa que se estarán dirixindo por escrito, e só así lles prestaremos atención....

¡Podédesme crer que é unha experiencia extraordinaria e moi gratificante e sorprendente!

NEREA: PROFE: ¿DASNOS CLASE POLA NOITE, COAS LUCES APAGADAS?

PERO ASI NON VEMOS...

NEREA: PERO SI QUERES DISFRAZASTE DE FANTASMA E FASNOS MEDO.
E DESPOIS NON DURMES.

SI TAL
E VAS TER PESADELOS
NON, ¿POR QUE?
CO MEDO
EU NON TEÑO PESADELOS

MANOLO, ¿HOXE VES POLA TARDE?
NON PODO, TEÑO UNHA REUNIÓN
PORFA...
¿"PA" QUE?
 
PA AXUDARNOS...

XA VOS AXUDA ELA, XA VERÁS
(Enfadada, a outro neno): 
¡AMADOR, SE NON CHE MANDAN "CARTAS", ESPABILA!



www.edugaliza.org