| Experiencias de lingua escrita | | | Algunhas actividades de aula desde o enfoque construtivista | Manolo Gesto 29/4/2004 | As listas
Un dos avances máis evidentes no proceso de construción no coñecemento da lingua escrita é o paso da escrita de nomes "soltos", con valor de seu, á confección de listados de todo tipo.
O listado dos compañeiros da clase máis afíns, dos familiares, amigos,...,, vénselles sumar unha que adoitan ver nas súas casa con frecuencia: A lista da compra.
Confeccionar unha é, pois, outra das ocasións que podemos aproveitar para traballar a lingua escrita.
A oportunidade pode xurdir en calquera momento: porque precisamos renovar o material de aula, porque alguén foi ao super ou hiper recentemente...e non digamos se se achega o Nadal. A carta aos Reis tamén é unha lista, e ben significativa, ademáis.
¡A cantidade de cousas que poden chegar a pedir estes cativos!

|