webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
Índice
Experiencias
 O noso nome
 Os aniversarios
 Responsabilidades
 A biblioteca de a...
 O conto tradicion...
 O conto creado
 Producións escrit...
 Reciclaxe de cont...
 As fotos de famil...
 Contar noticias
 Ler as noticias
 Debate de noticias
 As listas
 Mandar notiñas
 Ordenadores nas a...
 Imprimir
Utilidades
Imprimir páxina
 
Experiencias de lingua escrita
Algunhas actividades de aula desde o enfoque construtivistaManolo Gesto 29/4/2004
As fotos de familia

Sempre foi un motivo de satisfacción para todo o mundo, grande e pequeno, amosar fotos propias onde un se vexa "favorecido".
Os nenos e as nenas tamén disfrutan destas cousas, e, se a ocasión é propicia, podemos facerlles notar, con unha serie suficientemente escalonada no tempo, o paso do tempo e como as persoas mudan. Coas realizadas na propia escola ou centro sucede o mesmo. Sempre lles gusta verse como eran antes (poida que non eles, pero si os compañeiros e compañeiras) e botar unhas risas.

Unha experiencia moi interesante é que lle poñan o seu propio pé de imaxe ás fotografías que poidan traer da casa, ou a algunhas que teñamos pola aula, para facer unha exposición. Isto constitúe unha motivación moi profunda, xa que terán que mostrar o que estaban facendo nese preciso instante e explicarllo aos demáis, chegado o momento.

Aínda que case se intúe o que puxeron nestas fotos, transcribo os textos de Pablo (5 anos)  e de Ricar (4 anos):

"ESTABA ENTRANDO COA EXCAVADORA" (foto superior)

" ME PAREZO UN POUCO A NICOLÁS" (foto inferior)

 



www.edugaliza.org