webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
Índice
Experiencias
 O noso nome
 Os aniversarios
 Responsabilidades
 A biblioteca de a...
 O conto tradicion...
 O conto creado
 Producións escrit...
 Reciclaxe de cont...
 As fotos de famil...
 Contar noticias
 Ler as noticias
 Debate de noticias
 As listas
 Mandar notiñas
 Ordenadores nas a...
 Imprimir
Utilidades
Imprimir páxina
 
Experiencias de lingua escrita
Algunhas actividades de aula desde o enfoque construtivistaManolo Gesto 29/4/2004
O conto creado

...debe ser respectado.

Na creación de textos débese respectar o "estilo do autor":
Unha das cousas ás que máis se bota man é á realización de contos feitos polos propios nenos e nenas.

Sen chegar a caer na esaxeración, poderíamos comparar o proceso creativo dun texto creativo acompañado ou non de imaxes, coa produccion de arte. Nestes estadios, débese ter moito coidado coas nosas reaccións ante as súas produccións, xa que unh excesiva corrección pódelles facer crer que efectivamente non están preparados aínda, ou sexa, que "non saben", e interrumpirán o mesmo por tempo indefinido.
Como se pode observar, respétase a ortografía natural, e, en todo caso, transcríbese o texto producido, a un tamaño menor, procurando non interromper o proceso creativo de producción de textos.

Como é evidente, nós damos moita máis importancia ao fondo que á forma; isto é: preferimos que se expresen, e que comuniquen antes (e non na vez) de que teñan boa caligrafía.
Do mesmo xeito que non se lle corrixen os debuxos e as produccións plásticas, nestas idades non se deben "masacrar" as produccións escritas
.

Sabemos que este segue sendo o verdadeiro punto de desencontro cos métodos tradicionais de lectura e escritura, partidarios de que os escritos deben ser "productos finais", xa desde os primeiros anos.

Transcripcións:

" O CAZADOR
FOI A TORRE
E MATOU O
LOBO"

(Ricardo, 5 anos)

O LOBO TAMEN AXUDARON
A COMER A ABUELITA"

(Mari, 5 anos)



www.edugaliza.org