webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca

hiparcos
Navegación
Inicio
Índice do documento
Experiencias na aula
Encerado dixital
Materiais
 Imaxes
 Puzzle
 Mapa
Comunicador
Nacemos
Imaxes
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
Comentarios
Ver comentarios
 
Diario de aula
O emprego do blog e a pizarra dixital interactiva nun centro de educación especial Felo 16/11/2006   
Experiencias na aula

O Diario da Clase Branca

Feliciano José Couto Escanciano Mestre no Centro de Educación Especial "Nosa Señora de Lourdes”-ASPRONAGA  A Coruña. Licenciado en Psicopedagoxía

 

 

Cantas veces falamos da colaboración das nais e pais na tarefa educativa dos seus fillos/as pero,

cómo pode axudar un blog e as TIC a conquerir isto?

 

 O Centro onde traballo trátase, como aparece no título, dun Coléxio Específico de Educación Especial, actualmente concertado con dez unidades coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

 

Concretamente trátase dun centro para alumnos con necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade intelectual, pertencinte á asociación ASPRONAGA, membro de FADEMGA e de FEAPS.

O centro nace no ano 1964 fruto dun grupo de nais e pais de nenos con “retraso mental” que crean a Asociación ASPRONAGA[1], en todos estes anos o número de alumnos ronda os setenta alumnos con discapacidade intelectual por ano, e idades comprendidas entre os 6 e 21 anos.

 

 

 

O blog

Weblog, tamén coñecido como blog ou bitácora. É un sítio web actualizado, no que se recopilan artigos con fotos onde o mais recente aparece primeiro; empregámo-lo para que as famílias teñan unha proximidade co que facemos a diário no aula e podan opinar.

 

É xa coñecido o poder dos blogs na educación e no eido curricular, se botamos un repaso ó panorama actual xa son moitas as experiencias de bitácoras de alumnos empregadas na escola.

 

Pero xa dentro da nosa realidade de aula, cando coñecimos a existencia do certamen ¡A Navegar! e a nova ferramenta de creación de bitácoras “Bitagora”, pensei que era un xeito mais doado e dirixido á educación para crear a nosa bitácora, que un servizo xeral de blogs como blogger.

 

O proceso comenzou por informar ás familias e pedirlles autorización para participar e para a difusión das actividades de aula e imaxes en medios como internet, prensa, etc. Unha vez acadada a autorización, inscribín o grupo de alumnos no Certamen ¡A Navegar! - modalidade BITÁGORA.

A nosa intención foi (e é ainda hoxe) elaborar un diario de clase coas actividades que realizamos cos alumnos na Clase Branca, e situar este diario en Internet coas fotos do grupo e os seus traballos.

 

O Diário de clase consistiu na utilización da bitácora para realizar un seguimento dos temas que se van traballando e realizando na clase, anotacións de informacións que atopamos na rede, excursións de clase, festas e diferentes actividades que se organicen. A modo de diário do grupo.

 

A idea que lle trasladamos ás nais e pais, foi que ademais de ver os traballos que facemos na clase O MAIS IMPORTANTE era que poderan opinar. Naceu como un diário aberto a todos os comentários que suxerían as actividades.

 

Insistín de seguida nisto dos comentarios, suxestións, o que lles gostaría que fixésemos, algunha data especial, férias, etc. Tratábase de compartir cada vez mais e estreitar a relazón casa-coléxio para entre todos potenciar ao máximo ó desenvolvimento dos rapaces.

 

Tamén ofrecín colaborar cos pais, resolver dúbidas e estar en contacto con eles para calquera cuestión, tanto no Coléxio como a través do correo-e. Do mesmo modo, aqueles que non tiveran acceso á Internet tamén o podían ver no Coléxio, en princípio os martes de 5 a 6 ou outro dia se avisaban con antelación.

 

Así que elexín un deseño sinxelo para a bitácora e comenzamos ca mensaxe de benvida, presentámonos á rede e ó resto de grupos. Nas mensaxes  de texto engadíamos imaxes do SPC (Sistema Pictográfico de Comunicación) que empregamos na clase co obxectivo de que todos recoñeceran o tema que se estaba a tratar. Deste xeito tamén proxectamos ata fora unha realidade distinta ca do resto dos grupos, e moitas veces nos preguntaban por iso, por que só eramos cinco na clase, etc.

 

                      

 

 

As visitas que tiñamos reparaban noutro tipo de alumnos e necesidades de apoio e cas mensaxes fomentabamos os traballos de investigación e recollida de información na Rede, con ligazóns a outras páxinas para saber mais, vídeos, artigos da wikipedia, e outros recursos.

 

 

Como xa dixen foi moi valiosa a interacción entre grupos participantes, visitar as bitácoras de outros grupos e interaccionar con eles mediante comentários, opinións e mensaxes. A aportación de pontos de vista contrapostos e o conseguinte posicionamento dos alumnos.

 Deste modo, até a data apresentámo-nos, aprendemos como plantamos no horto, facemos un traballo manual, aprendemos fotos, celebramos a festa do coléxio, nadamos na piscina, traballamos cos alimentos, realizamos o regalo para o dia do pai, pasamos lista en clase, traballamos con unha pantalla táctil, realizamos saídas e visitas escolares... etc. apoiándonos sempre nas imaxes SPC e fotografías reais para dotalas dunha maior significatividade.

 

Todo iso co aliciente de que os visitantes do blog como alumnos e mestres de outros coléxios, os pais, familiares, etc. xa deixaron os seus comentários suxerindo-nos mais actividades, expresando a sua opinión sobre o que facíamos e convidando-nos a que seguísemos con mais actividades.

 

Creo que realmente é unha actividade que está a fomentar non só a participación dos pais se non a proximidade entre eles e a escola, porque agora ven de primeira man e no seu contexto o que fai o seu fillo/a, o que opinan outras persoas sobre o que se fai no coléxio e mesmo recentemente vídeos da actividade que están a realizar.

 

 En canto ó traballo en xeral co ordenador supón un recurso moi axeitado ó meu modo de ver, porque constitúe un contexto mais no que ollar as imaxes SPC, elixir entre as opcións, escoitar a súa voz, etc. e sempre que a actividade diaria nolo permitía, tentei achegar ós alumnos o ordenador para motivalos vendo fotos deles mesmos, das partes dunha casa, ver unha pelicula, etc

 

  

O principal problema para estes alumnos é o acceso ó ordenador, xa que son capaces de premer o botón pero non moven o rato. Así plantexeime que unha das saídas de aula, fora acudir ó Centro ON CAIXAGALICIA[2] para traballar na pantalla táctil ou pizarra dixital interactiva (PDI).

 

A pizarra dixital interactiva é un sistema tecnolóxico que consiste nun ordenador multimedia conectado a Internet e un videoproxector que proxecta a grande tamaño sobre unha pantalla sensible onde os alumnos poden incidir na pantalla directamente co dedo, ou cun punteiro.

 

 
     

 

Para este efecto, entre outras cousas, elaborei un programa en Clic 3.0 no que aparece un panel de imaxes SPC con distintas accións e elementos entre os que ten que elixir ou acertar ante unha premisa dada e o premer sobre eles escoitase un son ca descripcion do elemento.

 

Entre as vantaxes que observo ao empregar a PDI destacaría:

 

-          A motivación e a atención son inmediatas ao acendela PDI.

-          Facilita a participacion xa que todos agardan o seu turno sen problemas.

-          Ó ser unha superficie iluminada onde aparecen os elementos, é mais doado focalizar a mirada na pantalla.

-          Interactúan por eles mesmos ca ferramenta SPC, polo que supón un traballo cognitivo e de estimulación e por outra parte manifestan a súa intención comunicativa.

-          O traballo ca PDI é un enorme reforzo para os alumnos e para os profesores que preparan materiais creativos para ela.

 

Como conclusión de todas elas coido que é un modelo de interacción directo alumno-pizarra que se alonxa da “ficha” e que potencia a autonomía dos alumnos.

 

Coido que foi unha moi boa experiencia, a repetir e ampliar xa que a dificultade de desprazamento a pe foi importante e non nos permitiu ir tódalas veces que desexamos. Ogallá teñamos no futuro unha pizarra destas na aula.

 

Este traballo obtivo o primeiro premio na categoría de bitácoras no certame A NAVEGAR 7 de EDUCARED.

 

 

 

PARA SABER MAIS:

 

http://www.educared.net/aprende/bitagora

 

http://aulasconsoftware2007.org/docentia_agenda.htm 

 

http://www.aspronaga.org

 

http://clic.xtec.net

 

http://dewey.uab.es/pmarques/pizarra.htm

 

http://redactor.blogspot.com 

 

http://www.fademga.org

 

http://www.feaps.org/

                                         

 

 

fcouto@gmail.com 

 

 

 

 



[1]              Hoxe mantéñense as siglas que dan nome á Asociación pero coa denominación Asociación de pais e familiares de persoas con Discapacidade Intelectual

  


www.edugaliza.org