| Construtivismo | | | Construtivismo nas aulas de EI e EP | Manolo Gesto 7/10/2007 | Dogmas
O que é fácil ou difícil, ¿quen o decidiu?
Hai certos dogmas que non se sabe moi ben como xurdiron e se converteron en artigos de fe:
- A decisión de considerar unhas letras máis dificultosas que outras...
- O establecemento de pasos previos innumerables antes de enfrentarse á escritura en si...
- O feito de aceptarmos a nenos e nenas como meros receptores dos "coñecementos" que nós lle "impartíamos" e que asimilarían cando estivesen maduros...
- A realización das pautas marcadas obligatorias, como pasos imprescindibles no proceso de aprendizaxe...
- A aceptación da "madureza" como causa do retraso...
Poucas veces se nos ocorreu preguntarlles a eles que opinaban ao respecto.
Emilia Ferreiro e Ana Teberosky fixérono; e desde entón moreas de profesionais compróbano día a día. O resultado é, cando menos, sorprendente, e as máis das veces, gratificante.
Á vista de todo elo, podemos seguir facendo como sempre, como nos "aprenderon" a nós (como se nada soubéramos), ou actuar en consecuencia. |