| Construtivismo | | | Construtivismo nas aulas de EI e EP | Manolo Gesto 7/10/2007 | Desviacións que non o son
Métodos de lectura e escritura: o que se considera "desviación":
Poida que todos lembremos algún episodio de como algúns cativos se empeñaban en escribir con maiúsculas, poñendo o seu nome con aquelas letras tan pouco caligráficas, e nós culpando na influencia familiar, a pesar de que nos aseguraban por canto había que non... 
Ou esas criaturas de tres e catro anos que fan raias en zig-zag no canto de pórse a debuxar...(e din que están escribindo)
Ou tamén a "manía" de escribir as letras "ao revés", ou "en espello"...(que nos fai pensar seriamente en chamar a un psicólogo)...
...E que dicir das faltas de ortografía que teñen eses rapaces e rapazas de 5 a 7 anos...(seguimos máis pendientes da forma que da mensaxe, de se está ben escrito que de se comunica)
Investigar o que ocorre cos cativos fóra do método, observar que din, que contan, que pasa polas súas mentes; anotar as impresións e comentarios que fan cando elaboran as súas propias propostas de lectura e escritura, todo isto queda completamente vedado e apartado da nosa visión, facendo de nós meros instrumentos, simples intermediarios das editoriais que publican os métodos e toda a parafernalia que os acompaña: cadernos de grafomotricidade, pautas, "libro do profesor", etc., convertíndonos, en suma nunha sorte de escravos modernos, atados a un programa e unhas pautas que "funcionaron sempre, así que.. ¿por que non van funcionar agora?". |