webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
Índice
Introdución
Qué é?
Efecto invernadoiro
Kyoto
 Protocolo
A chuvia
As temperaturas
Datos climatolóxicos
Qué podemos facer?
 Consumo
 Enerxía eólica
 Biodiésel-Bioetan...
 Apagón
Prensa
Alarma
Ligazóns
Actividade
Opinión
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
O CAMBIO CLIMÁTICO, AUGA E PROBLEMAS AMBIENTAIS
Qué está a pasar?Edugaliza 8/2/2007
Apagón

1 febreiro, apagón mundial polo cambio climático
A convocatoria, difundida por internet, pretende que se apagen as loces e os electrodomésticos entre as 19:55h e as 20:00h

A iniciativa vén precedida da convocatoria que un colectivo de ecoloxistas franceses, Alianza do Planeta, realizou fai unhas semanas: apagar todas as loces e desenchufar todos os electródomésticos hoxe durante ese intervalo de tempo. Internet fixo o resto e, agora, a protesta é a nivel mundial.          Como din os franceses, e se o Planeta votase?

Ecoloxistas en Acción tomou o relevo das organizacións galas en España e convocou un apagón voluntario de enerxía.  Curiosamente, a mesma entidade condenaba onte a actitude da chanceler alemá, Angela Merckel, debido á súa negativa diante da posibilidade de fixar un límite obrigatorio ás emisións de CO2 nos vehículos.

O gran apagón producirase un día antes de que se presente na sede da Unesco, en París, o informe do chamado Grupo de Traballo I (WG1) do grupo Internacional de Cambio CLIMÁTICO da ONU. O estudo foi elaborado por máis de 3.000 científicos de todo o mundio durante os últimos seis meses.

PRAZA Mª PITA A CORUÑA 19:55  APAGÓN ATA AS 20:00

"Só cinco minutos"

"É unha chamada á reflexión, á orde e ao compromiso. Estes cinco minutos son emblemáticos, o inicio dunha mobilización cidadá", argumentaba onte o alcalde de Rivas Vaciamadrid, que se sumará por completo (60.00 hab.). Aquí os concellos de A Coruña, Vigo, Santiago e o edificio San Caetano e o Parlamento tamén se sumaron á iniciativa, aínda que só supuxo o 0,5% de baixón no consumo fronte o 2,5% de España


 Estas son as 20 razóns para sumarse ao apagón:

1 Suba das temperaturas. Un aumento da temperatura da Terra superior a dous graos faría "incontrolables" as consecuencias. E xa empezou a subir.

2 Aumento do desxeo e do nivel do mar. Subiu unha media de 0,8 milímetros ao ano desde 1961. De feito, Indonesia podería perder unhas 2.000 illas de aquí ao ano 2030, xa que os niveis medrarán uns 89 centímetros.

3 Redución da capa de ozono.

4 Secas. E o descenso das reservas de auga.

5 Maior virulencia de fenómenos naturais.

6 Troco nas estacións. Galicia terá outonos máis chuviosos, pero invernos máis secos.

7 Conxelación tardía e desxeo precoz de lagos.

8 Troco no comportamento dos animais. Cegoñas e andoriñas xa non se marchan no inverno de Andalucía polas cálidas temperaturas.

9 Redución da riqueza de especies vexetais.

10 Perdas económicas. O custo das secas, tormentas, furacáns e inundacións situouse nunha cifra marca de 165.000 millóns de euros no 2005, e se duplicarán en 12 anos.

11 Perda da productividade das colleitas. Acontecerá nos países do Sur.

12 Extinción de especies. Por exemplo, os osos polares e as focas están en risco polo desxeo anticipado do Ártico.

13 Os custos do Protocolo de Kioto. A España custaralle entre 2.228 e 3.067 millóns de euros no período 2008-2012.

14 Redución da productividade de augas mariñas, e da pesca.

15 Incendios. O caso máis recente ocorreu en agosto en Galicia, onde, segundo os expertos,o cambio climático está relacionado nun 80% co aumento das lumes.

16 Cambios no uso do chan ou alteracións do hábitat. Reflíctese na fragmentación do territorio, nas vías de comunicación e todas as accións que dividen os sistemas naturais, contribuíndo á diminución de áreas naturais.

17 Descenso do turismo. Os europeos que agora decántanse por países mediterráneos poderían cambiar os seus destinos.

18 Aumento de mortes. Incrementarase o número de falecidos anuais derivados das altas temperaturas.

19 Desprazados. Calcúlase que 150 millóns de persoas poderán verse desprazadas en 50 anos pola enchente do mar. Iso provocará graves conflitos e máis terrorismo.

20 Adianto do fin do mundo. Os científicos que regulan o chamado Reloxo do Xuízo Final, un aparello simbólico, adiantaron súas manecillas para advertir de que hai un risco de hecatombe.

Apoio do Goberno

O Ministerio de Medio Ambiente anunciou onte que se suma tamén a esta iniciativa dos ecoloxistas, como xa fixese o Goberno francés.

En Francia, a Torre Eiffel e Notre Dame de Marsella quedaranse sen luz nun xesto de apoio.

4 preguntas a... Víctor Hugo Espinosa (Voceira de L'Alliance pour a planète)

Só cinco minutos, unha tregua simbólica ao planeta?

Trátase de sensibilizar, que entendamos que a enerxía é algo vital e que, se seguimos con este consumo, os nosos fillos, non xa os netos, vivirán nun mundo de escuridade.

Que esperan conseguir con este apagón?

É o momento dos cidadáns. Os cambios climáticos serán gravísimos, todos os expertos están de acordo. A xente morre de fame e de sede pola falta de enerxía, 1/3 non ten acceso a ela, e nós podemos cambialo con actos sinxelos, e sen deixar de vivir ben.

Que clase de actos?

Os Estados deben cambiar as súas políticas enerxéticas, aproveitar, por exemplo, o sol de España ou do sur de Francia. Os cidadáns deben aforrar, compren máquinas de consumo mínimo, laven a roupa a 50 graos e non a 80. Unha lámpada alógena consume o mesmo que 110 lámpadas de baixo consumo...

A solución pasa polas enerxías renovables?

Claro. Debemos desenvolvelas. Que pasará en 50 anos coas persoas que viven nas praias? Só pediría que neses cinco minutos de apagón sentémonos na escuridade e reflexionemos sobre o importante que é a enerxía, o confort e o noso planeta. Diso trátase.

Combate o cambio climático

A partir dos gobernos

- Novas combustibles para o transporte que non produzan CO2 e desenvolvemento das pilas de combustible.
- Mellora da eficiencia das enerxías renovables, como a solar, e desenvolvemento da nova xeración de centrais nucleares.
- Control por parte da ONU da explotación industrial e dos recursos naturais do Terceiro Mundo.
- Recuperación da masa forestal do planeta e desenvolvemento de biotecnoloxías nos sectores agrícolas e gandeiros.

E desde casa

- Substitúe os teus lámpadas por tubos fluorescentes e apaga correctamente todos os aparellos electrónicos.
- Se reciclas só a metade do teu lixo, podes evitar a emisión de 1.104 quilos de CO2. Intentar reducir os teus desechos domésticos un 10%.
- Utiliza menos auga quente para lavar a roupa e axusta a túa calefacción cunha diferenza de catro graos entre inverno e verán.
- Planta unha árbore, absorbe unha tonelada de CO2 na súa vida, e sobre todo, conciencia aos teus amigos.


INFORME 2 FEBREIRO DO GRUPO DA ONU PARA O CAMBIO CLIMÁTICO

A temperatura do planeta aumentará entre 1,8 e 4 graos durante o século XXI. É unha das conclusións do informe que responsabiliza ademais aos humanos de ser os principais causantes do quecemento global e avisa sobre o acelerado aumento das temperaturas neste século XXI: unha media de entre 1.8 e 4.

O documento predi máis choivas, máis tormentas, inundacións e olas de calor como as dos últimos veráns, ademais dunha suba no nivel do mar. Este grupo intergobernamental está formado por máis de 2.500 científicos de 130 países e considérase a voz máis autorizada sobre o cambio climático.

O grupo afirma que é "moi probable" (o que significa que a probabilidade é de máis do 90%) que actividades humanas como a queima de combustibles fósiles explicasen a maior parte do quentamento dos últimos 50 anos. Iso supón un troco con respecto ao informe de 2001, cando o IPCC dicía que a relación era "probable", (probabilidade do 66%).

Un resumo de 20 páxinas para os responsables políticos fala de ameazas como un desxeo do mar Ártico nos veráns para 2100 e unha desaceleración da Corrente do Golfo.

Os responsables da ONU esperan que o informe leve a gobernos e compañías a facer máis para reducir as emisións de gases con efecto invernadoiro, procedentes principalmente da queima de combustibles fósiles en plantas de enerxía, fábricas e coches.


REACCIÓNS TRALO APAGÓN

Precisamente tralo apagón, a Comisión Europea ven de propoñer reducir de aquí a 2012 a emisión de CO2 dos vehículos novos a un nivel de 130 gramos/qm (ao comezo pedíase 120 gr/km), ofrecendo aos construtores automotores un menor recorte nos motores a cambio de medidas complementarias. Esta non é a primeira proposta que a Comisión realiza ao respecto, pero a diferenza é que será de carácter obrigatorio.

No marco da súa loita contra o cambio climático, a Comisión fixou un límite de emisión de 130 gramos/km para os motores, mentres que os 10 gramos restantes xurdirán de medidas que abarcan os neurnáticos, a utilización de aire condicionado, os indicadores de troco de velocidade e un maior recurso aos biocarburantes, segundo fontes europeas.

Estes tiróns responden en parte á controversia xurdida nos últimos tempos especialmente en Alemaña, onde os propietarios de Daimler-Chrysler, BMW, Volkswagen, Opel e Ford Alemaña advertiron sobre o risco de perdas de emprego na produción de vehículos de gran cilindrada, os máis contaminantes.

140 gramos de CO2 no 2008

No 1998-1999, os construtores europeus, xaponeses e coreanos comprometéranse a que os seus vehículos utilitarios emitisen unha media non superior a 140 gramos de CO2 para 2008-09, é dicir, un consumo de 5,25 litros de gasóleo ou 5,8 litros de gasolina cada 100 km. Pero no 2005, a média de emisións -máis importantes para un auto deportivo ou un todoterreno que para un vehículo pequeno- situouse en 162 gramos de CO2 por quilómetro.

Segundo un estudo publicado a fins de outubro pasado por unha ONG, a Federación Europea para o Transporte e o Medio Ambiente, "só cinco das 20 principais marcas comercializadas en Europa (Fiat, Citroen, Renault, Ford e Peugeot)" acadarán o obxectivo dos 140 gramos de media para a súa flota no 2008.

Do seu lado, a Asociación de Contructores Automotores Europeus (ACEA) rexeita a responsabilidade deste fracaso. A seu entender, a demora débese a "unha forte demanda de parte dos clientes de vehículos máis grandes e máis seguros e unha recepción decepcionante das consumidores dos modelos máis económicos en carburante".

Pero, en realidade, as emisións do transporte de mercancías aumentaron 30% desde 1990 e representan máis dun cuarto das emisións de CO2 da UE, a metade delas correspondentes a vehículos particulares. "Isto cuestiona os progresos obtidos moi dificilmente nos outros sectores para respectar os obxectivos da UE no marco do Protocolo de Kioto", sinalou ao respecto Jos Delbeke, a cargo da área de cambio climático na Comisión. No marco de Kioto, a UE debe reducir as súas emisións de gas de efecto invernadoiro en 8% con respecto a 1990. A Comisión propón que os países desenvolvidos se fixen un obxectivo de 30% para 2020, sempre comparado coas emisións de 1990

ESPAÑA agarda pola Estratexia Nacional de Loita contra o Cambio Climático, cuio borrador presentarase o próximo día 13 de febreiro ao Consello Nacional do Clima e que inclúe un plano de acción en todos os sectores para reducir as emisións de dióxido de carbono, principal responsable do quentamento.

Ese día daranse a coñecer os primeiros resultados da análise de prospectiva "que se está facendo en materia de perda de biodiversidade, elevación do nivel do mar e regresión no litoral, e de dispoñibilidade de recursos hídricos, no que fai aos escenarios climáticos desagregados no caso español", comentou a ministra de Medio Ambiente e o próximo mes de xuño o Goberno presentará a Estratexia Nacional de Loita contra o Cambio Climático e o Plano de Medidas Urxente nunha xornada con Al Gore.




www.edugaliza.org