webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
Índice
Introdución
Qué é?
Efecto invernadoiro
Kyoto
 Protocolo
A chuvia
As temperaturas
Datos climatolóxicos
Qué podemos facer?
 Consumo
 Enerxía eólica
 Biodiésel-Bioetan...
 Apagón
Prensa
Alarma
Ligazóns
Actividade
Opinión
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
O CAMBIO CLIMÁTICO, AUGA E PROBLEMAS AMBIENTAIS
Qué está a pasar?Edugaliza 8/2/2007
Kyoto

A Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC) e o seu Protocolo de Kyoto constitúen o marco internacional para combater o cambio climático, que define o obxectivo dos esforzos e os principios fundamentais para alcanzarlos.

Un dos principios fundamentais é o de "as responsabilidades comúns pero diferenciadas", que requiren que os países desenvolvidos tomen a iniciativa na loita contra o cambio climático e os seus impactos. Ao diferenciar entre países desenvolvidos e países en vías de desenvolvemento, a CMNUCC recoñece que os países desenvolvidos e industrializados son responsables da maior parte da formación actual de gases invernadoiro na atmosfera e que estes contan cos recursos financeiros e tecnolóxicos necesarios para reducir as súas emisións.

Os estudos indican que o nivel do mar pode aumentar entre 88 cm e 6 metros para o ano 2100!
A CMNUCC obriga ás Partes asinantes a establecer programas nacionais para reducir as emisións de gases invernadoiro e a entregar informes periodicamente. Así mesmo, esixiu aos países industrializados asinantes -pero non aos países en desenvolvemento- estabilizar as súas emisións de gases invernadoiro nos niveis de 1990 para o ano 2000, data na que lográrono en grupo. As Partes da CMNUCC reúnense anualmente para revisar os progresos e debater futuras medidas, e establecéronse varios mecanismos de información e control para realizar un seguimento dos gases invernadoiro.

O Protocolo de Kyoto
Os gobernos sabían que os compromisos da CMNUCC non serían suficientes para abordar seriamente o cambio climático. O 11 de decembro de 1997 deron un paso máis e adoptaron un protocolo na cidade xaponesa de Kyoto: o Protocolo de Kyoto. Baseado no marco da CMNUCC, o Protocolo establece uns límites legais sobre as emisións de gases invernadoiro dos 37 países industrializados orixinalmente, incluídos todos os Estados membros da Unión Europea, agás Chipre e Malta, así como da UE como órgano único (coñecido como a Europa dos 15, xa que por entón eran soamente 15 os países membros). Ademais, introduce novos mecanismos de implementación de mercado -os denominados mecanismos flexibles de Kyoto- para manter baixo o custo da redución das emisións.

É probable que o 75% dos glaciares dos Alpes suizos desapareza en 2050, e moitos dos teus destinos preferidos para practicar esquí recorran xa á compra de neve artificial.
De acordo co Protocolo de Kyoto, os países industrializados deben reducir as súas emisións de seis gases invernadoiro (CO2, metano, óxido nitroso, hidrofluorocarbonos, perflurocarbonos e sulfuro hexafluorido) un 5% aproximadamente por debaixo do nivel de 1990 durante o primeiro "período de compromiso" do Protocolo de Kyoto, de 2008 ao 2012. Se elixiu un período de compromiso de cinco anos, en lugar dun obxectivo para un só ano co fin de suavizar as flutuacións anuais nas emisións como consecuencia dos factores incontrolables, como o tempo. Non existen obxectivos no que fai a emisións para os países en desenvolvemento.

O Protocolo de Kyoto entrou en vigor o 16 de febreiro de 2005. As normas para a súa entrada en vigor esixían que polo menos 55 Partes asinantes da CMNUCC ratificasen o Protocolo e que, entre elas, estivesen os países industrializados que representan polo menos o 55% das emisións de CO2 do total dos países industrializados no 1990, o que tardou en conseguirse.

Ata o 18 de abril de 2006, 162 países e a Comunidade Europea ratificaran o Protocolo. Dous países que o asinaron nun principio non o ratificaron: EE.UU. rexeitou o Protocolo e Australia decidiu non ratificalo. Isto significa que hai 36 países desenvolvidos e a UE dos 15 como entidade que están obrigados a acadar os obxectivos de Kyoto.

Qué pasa cos Estados Unidos da América? e China?.

A non ratificación de Kioto por parte de EE.UU. foi un severo golpe ao acordo. Xa que este país significa o 36% do esforzo de Kioto e este non podería entrar en vigor se non chegábase ao 55% do compromiso. Coa ratificación de Rusia logrouse o apoio do 61% dos compromisos. Ese 3% de diferenza ata acadar o 100% o compoñen Australia (2,1%), Liechtenstein e Mónaco, que acompañan a EE.UU.

A India e China, a pesares de ratificar o protocolo de Kioto, foron excluídos polo momento de ter que asumir compromisos vinculantes de limitación das súas emisións, debido ao seu menor nivel de desenvolvemento. Ambos son potentes emisores: en conxunto, o CO2 emitido a partir das súas industrias e resto de actividades constitúe a segunda fonte de contaminación do planeta, superada unicamente por Estados Unidos. Pero o Protocolo de Kioto establece nun dos seus principios inspiradores que, a maior parte de responsabilidade do problema recae ata o momento, nos países desenvolvidos, e polo tanto son eles os que en primeiro lugar han de dar exemplo aos demais de como poden recortar emisións.

Agora a UE tenta que o xigante asiático comeze a reducir xa que o seu esforzo por producir enerxía, aceiro... a calquer custo supón un tercio das emisións de CO2,  E o carbón é a súa maior fonte de enerxía. 
 



www.edugaliza.org