webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
Índice
Introdución
Qué é?
Efecto invernadoiro
Kyoto
 Protocolo
A chuvia
As temperaturas
Datos climatolóxicos
Qué podemos facer?
 Consumo
 Enerxía eólica
 Biodiésel-Bioetan...
 Apagón
Prensa
Alarma
Ligazóns
Actividade
Opinión
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
O CAMBIO CLIMÁTICO, AUGA E PROBLEMAS AMBIENTAIS
Qué está a pasar?Edugaliza 8/2/2007
As temperaturas

As temperaturas medias máximas de Galicia aumentaron 4 graos en 2006

Todas as principais cidades galegas rexistran un aumento da temperatura media anual excepto Lugo, na que baixou unha décima. Galicia rexistrou en 2006 un incremento das temperaturas medias máximas de ata case catro graos centígrados por riba da cifra dos últimos 30 anos.

Así se desprende do último estudo efectuado polo departamento de Climatoloxía e Observación de MeteoGalicia. Nel recóllese que a estación de Lourizán (Pontevedra) contou no mes de agosto con 3,8 graos de temperatura máxima media por encima do promedio das últimas tres décadas.

Deste xeito, o dato anual medio das temperaturas máximas alcanzou na estación pontevedresa os 21,2 graos centígrados fronte á media de 19,3 desde 1971 ata 2000. Ademais, tamén no mes de xullo rexistráronse 2,5 grados por riba dos índices das últimas tres décadas, así como en novembro ou en mayo, con 2,8 máis en ambos os casos.

En canto ás temperaturas mínimas medias, a estación de Lourizán contabilizou récords nos meses de marzo, outubro e novembro, nos que aumentou ata en tres graos este índice respecto ao período mencionado.

Así mesmo, a temperatura media aumentou en 1,1 graos centígrados en todo o ano nesta mesma estación de meteoroloxía. En concreto, o promedio do mes de novembro subiu nun 2,4 e o do mes de abril, en 2,2 grados, por citar algúns meses.

Nas cidades, entre os meses nos que se rexistraron maiores aumentos das temperaturas medias máis elevadas atópanse os de novembro e xuño en Santiago, cun incremento de 3,1 graos e 2,6, respectivamente; o de xullo en Ferrol e A Coruña, con 2,4 graos; e tamén o mes de novembro en Ourense, cunha subida de 2,6 graos centígrados.



www.edugaliza.org