webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
Índice
Introdución
Qué é?
Efecto invernadoiro
Kyoto
 Protocolo
A chuvia
As temperaturas
Datos climatolóxicos
Qué podemos facer?
 Consumo
 Enerxía eólica
 Biodiésel-Bioetan...
 Apagón
Prensa
Alarma
Ligazóns
Actividade
Opinión
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
O CAMBIO CLIMÁTICO, AUGA E PROBLEMAS AMBIENTAIS
Qué está a pasar?Edugaliza 8/2/2007
Qué é?

O que é o cambio climático?

A xente fala moito do tempo, e non debe estrañarnos se temos en conta a influéncia que ten no noso estado de ánimo, en como nos vestimos e mesmo no que comemos. Sen embargo, non debemos confundir o tempo co clima. O clima é a media do tempo que fai nunha determinada zona durante un longo período.

As variacións climáticas existiron no pasado e existirán sempre a consecuencia de diferentes fenómenos naturais, como os cambios fraccionais na radiación solar, as erupcións volcánicas e as flutuacións naturais no próprio sistema climático.

Sen embargo as causas naturais poden explicar só unha pequena parte do quentamento. A inmensa maioría dos científicos cadra en que se debe ás crecentes concentracións de gases de efeito invernadoiro, que reteñen o calor na atmosfera como consecuencia das actividades humanas: úsase tamén a expresión cambio climático antropoxénico
Durante o século XX, a temperatura media global subiu  0,6°C e 1°C en Europa.

 

A evolución do quentamento

Durante o último século, a temperatura media global aumentou 0,6ºC, chegando a aumentar 1º C en Europa, o que é un quentamento inusualmente rápido. De feito, o século pasado foi o mais cálido, e a década dos 90 foi a mais calurosa dos últimos 1000 anos. Segundo a NASA, os cinco anos mais calurosos foron, nesta orde, os seguintes:

 1. 2005
 2. 1998
 3. 2002
 4. 2003
 5. 2004

O Grupo Intergubernamental de Peritos sobre o Cambio Climático (IPCC) - un foro científico establecido no marco das Nazóns Unidas en 1988 para reunir a peritos no clima de todo o mundo - prevé que a temperatura global media pode subir para o ano 2100 entre 1,4 e 5,8°C como consecuencia das actividades humanas. É posíbel que esta diferenza non semelle alarmante, pero durante a última Idade de Xeo, fai mais de 11.500 anos, a temperatura global era de somentes 5ºC menos que na actualidade, e foi cando unha grosa capa de xeo cobría a maior parte de Europa !

Hoxe en dia, o cambio climático está a ter moitos impactos apreciaveis, que van desde os aumentos da temperatura até a suba do nível do mar como consecuencia do derretemento dos casquetes polares, pasando por trevoadas e asolagacións, cada vez mais frecuentes. Se non tomamos medidas, o cambio climático provocará danos cada vez mais custosos e afectará ao equilibrio do noso entorno natural que nos provee de alimentos, matérias primas e outros recursos vitais. Isto perxudicará ás nosas economias e poderia desestabilizar ás comunidades de todo o mundo.



 



www.edugaliza.org