webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca

hiparcos
Navegación
Inicio
Calculo
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Comentarios
Ver comentarios
 
Cálculo Mental
Materiais para cálculo mental Felo 27/5/2007   
materiais

Pois comezamos con material práctico para o uso diario na aula. De sempre os problemas de razoamento e cálculo son unha constante en tódolos niveis da escolarización obrigatoria.

O cálculo proposto nas series de cálculo mental do Quinzet desenvolve o cálculo e propón sistematicamente a utilización de estratexias globais para a resolución de problemas. Para este cálculo os alumnos non necesitarán os algoritmos tradicionais; pola contra se lles propoñen cantidades reducidas e situacións imaxinables por eles/as para desenvolver de forma persoal estratexias globais de aprendizaxe.
As series agrúpanse da forma seguinte:
Series 1, 2 e 3: axeitadas á Educación Infantil.
Series 4, 5 e 6: axeitadas ao Primeiro Ciclo de Educación. Primaria.

Esta agrupación é soamente orientativa. O profesor/a valorará a serie axeitada ao seu grupo.

ACTIVIDADE SERIE 1

SERIE 1

SERIE 2

ACTIVIDADE SERIE 3

SERIE 3

Ademais de executar a actividade, podes descargar un arquivo comprimido co Winzip para xogar no teu ordenador sen conexión a Internet, así como persoalizar as opcións de tempo, orde e amosar a resposta.

1º. Baixa o arquivo calculo.zipcalculo2.zip ou calculo3.zip e descomprímeo.  

2º. Localiza o arquivo preguntas.f20, para editar co Bloc de Notas. É na terceira liña onde podes modificar ditas opcións <preguntas grupo="CÁLCULO 1" orde="1" tempo="10">, se queres que se vexa a resposta correcta tes que engadir mostrar"1", se queres que as preguntas aparezan sen orde pon valor cero (0) e o tempo en segundos que precises; por exemplo: preguntas grupo="CALCULO 1" mostrar"1" orde="0" tempo="35"

Así poís temos grazas a QUINZET un material precedido coa seguinte declaración de intencións:  “Durante máis de quince anos moitas escolas experimentaron o tratamento do cálculo mental a partir de series graduadas propostas polo Quinzet. Este proxecto consiste nunha nova metodoloxía do tratamento do cálculo global a partir da proposta sistemática de series de coleccións de cinco problemas de cálculo mental, que o/a educador/a propón á clase dúas veces por semana como mínimo, e dunhas probas de diagnóstico que permiten avaliar o proceso de aprendizaxe e maduración dos alumnos. Neste libro atoparemos máis de 3800 problemas graduados para utilizalos a partir dos 3 anos ata o segundo ciclo de Educación Secundaria.“

 

Para acceder aos materiais en formato PDF, os centros enviarán un correo aos autores.

Se tes algún atranco ou queres axudarnos a completar esta sección con algún recurso, envía unha mensaxe a grupos (arroba) edugaliza.org.

 

 

 

 

  


www.edugaliza.org