webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca

hiparcos
Navegación
Inicio
 Aulas
   Mates
     Tangram
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Comentarios
Ver comentarios
 
Tangram
Un xogo de xeometría de enormes posibilidades feito con só sete pezas Manuel Regueiro 17/1/2007   
Tangram
  • O Tangram

O tangram é un xogo de mesa de orixe chinés que consiste basicamente nun quebracabezas xeométrico no que, cunha limitación de pezas (só se poden empregar sete pezas que resultan da descomposición dun cuadrado), pódense crear infinidade de figuras, algunhas xeométricas e outras moitas que lembran obxectos e seres da vida cotidiana como esta:

Aínda que o xogo é moi fácil de practicar con pezas de madeira ou cartón (que ademais son sinxelas de facer partindo dun cuadrado por descomposición), velaquí unha version electrónica do xogo, que funciona sobre calquer ordenador windows. O xogo é de distribución gratuíta e foi adaptado ao galego por Manuel Díaz Regueiro, de AGAPEMA, Asociación Galega de Profesores de Matemáticas.

Para usalo tes que comezar por descargar. Podelo facer desde aquí . Tras rematar ese proceso terás na carpeta a onde enviache a descarga un arquivo chamado "tangram2.zip". Precisarás dunha aplicacion de descomprensión para extraer os arquivos que están compactados nese zip. Na sección galega do Freeware World Team podes encontrar o IZArc que pode facer ese traballo ou tamén empregar winRar ou similares.

O resutado de descomprimir é un grupo de arquivos. Non precisas instalar nada. O xogo funciona directamente facendo clic no arquivo . Para facer máis cómodo o acceso podes pór no escritorio un acceso directo a este arquivo, arrastrando co botón dereito do rato o icono do trangram2 ata o fondo do escritorio e ao soltar escoller crear acceso directo.

Se arrancas o programa (con dobre clic no icono) aparece a pantalla de xogo vacía cun panel de carga como este:

Pódese xogar con varios grupos de figuras. Os nomes de arquivos de figuras que aparecen teñen nomes suficientemente explicativos da súa finalidade. Escolle un e ábreo clicando no botón correspondente. Deste xeito comeza o xogo.

A pantalla queda dividida en tres zonas. A da esquerda é a figura que tes que completar, a do centro son as pezas que podes arrastrar cara a figura (O botón dereito do rato permíteche rotalas e o esquerdo situalas na figura) e na dereita tes uns botóns que che permite cargar outro grupo de figuras, avanzar ou retroceder no grupo actual, mesmo encontrar a solución, ou saír.

Lembra:

Tes que situar as pezas sobre a figura ata completala

As pezas desprázanse co rato (botón dereito rota e botón esquerdo coloca)

Todas as figuras están formadas polas sete pezas (sen que sobre nin falte ningunha)....

Boa sorte....
máis información na internet
historia e curiosidades do tangram
como facer un tangram de papel ou cartón
historia e soporte sobre o xogo do tangram
outros crebacabezas similares

Novas versións:

  • O tangram con máis figuras. Pódelo descargar aquí. O procedimento de descarga e arranque é idéntico ao da primeira versión. A diferencia unicamente está en que inclúe un maior número de deseños que resolver.
  • O tangram executable directamente. Non precisas instalar nada. Clica aquí e cando che apareza o recadro para escoller entre executar ou gardar, preme en executar. Poderás xogar directamente co tangram sen necesidade de instalar nada....
  • Hai unha versión flash moi boa en galego feita no CEIP de Cariño. Próbaa 

  


www.edugaliza.org