webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca

hiparcos
Navegación
Inicio
 Aulas
   Mates
Índice do documento
Introdución
Lonxitude
Superficie
 Ferrados por conc...
 Equivalencias fer...
Capacidade
Peso
Contaxe
Tempo
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
Comentarios
Ver comentarios
 
Medidas tradicionais galegas
Proxecto de recopilación de unidades de medida da cultura tradicional galega edugaliza.org 17/10/2002   
Introdución

    O ser humano observou sempre o contorno en que vive, as cousas que hai nel, o que acontece, o que distingue uns seres doutros.
    Sempre que se fai unha observación da realidade pódese encontrar que certas características están presentes en moitos dos obxectos que observamos. Unha característica dos corpos a través da cal podemos establecer comparacións entre ditos corpos chámase magnitude. Son magnitudes, por exemplo: a lonxitude, o volume, o peso, etc.
    Dicía Lord Kelvin que só cando é posible medir e expresar en forma numérica aquilo do que se fala sábese algo acerca diso.
    Medir unha cantidade é comparala con outra que se toma como unidade para sabermos cantas veces a contén.

    En Galicia, desde moi antigo, as nosas xentes empregaron e seguen a empregar moitas unidades para medir as distintas magnitudes. Como sucedía en moitos outros puntos de Europa, estes sistemas tradicionais adolecían de imprecisións e de moitas variacións locais e rexionais. Tendes aquí unha pequena recopilación das unidades populares máis utilizadas na Galiza, partindo dun documento base sobre a zona da Fonsagrada. A información está aínda incompleta, esperando as vosas aportacións...

    Moitas gracias a todos os colaboradores. 

    Eis un listado dos que ata o de agora aportaron datos:

    • Manolo Veiga , lapisdecores de galego21.org
    • Carlos Varela ,I.E.S. Mª Soliño. Cangas do Morrazo.
    • Cándido, de Redondela.
    • Manolo Souto, CEIP de Carnota,
    • Miguel Yebra
    • Antonio Hernández
      


    www.edugaliza.org