|
O ser humano observou sempre o contorno en que vive, as cousas que hai nel, o que acontece, o que distingue uns seres doutros. Sempre que se fai unha observación da realidade pódese encontrar que certas características están presentes en moitos dos obxectos que observamos. Unha característica dos corpos a través da cal podemos establecer comparacións entre ditos corpos chámase magnitude. Son magnitudes, por exemplo: a lonxitude, o volume, o peso, etc. Dicía Lord Kelvin que só cando é posible medir e expresar en forma numérica aquilo do que se fala sábese algo acerca diso. Medir unha cantidade é comparala con outra que se toma como unidade para sabermos cantas veces a contén.
En Galicia, desde moi antigo, as nosas xentes empregaron e seguen a empregar moitas unidades para medir as distintas magnitudes. Como sucedía en moitos outros puntos de Europa, estes sistemas tradicionais adolecían de imprecisións e de moitas variacións locais e rexionais. Tendes aquí unha pequena recopilación das unidades populares máis utilizadas na Galiza, partindo dun documento base sobre a zona da Fonsagrada. A información está aínda incompleta, esperando as vosas aportacións...
Moitas gracias a todos os colaboradores.
Eis un listado dos que ata o de agora aportaron datos:
- Manolo Veiga , lapisdecores de galego21.org
- Carlos Varela ,I.E.S. Mª Soliño. Cangas do Morrazo.
- Cándido, de Redondela.
- Manolo Souto, CEIP de Carnota,
- Miguel Yebra
- Antonio Hernández
|