webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Aulas
   Mates
Índice
Introdución
Lonxitude
Superficie
 Ferrados por conc...
 Equivalencias fer...
Capacidade
Peso
Contaxe
Tempo
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
Medidas tradicionais galegas
Proxecto de recopilación de unidades de medida da cultura tradicional galegaedugaliza.org 17/10/2002
Contaxe
Nome Orixe Imaxe Equivalencia Medidas relacionadas
Manda

Catro pezas de fruta (en Redondela)
No mundo do mar a manda ou man empregábase para contar as sardiñas, equivalendo tamén a catro pezas.

 

25 mandas= 1 cento

 

 
Rixelo Nas zonas de pastoreo por contrata servía para contar as unidades animal-día que o pastor tiña a cargo  

1 vaca/día= 10 rixelos
1ovella/día=1 rixelo
1cabra/día=1 rixelo.

O pastor recibía un día de manutención por cada 7 rixelos.

Como nota de interese empregábase un pau (a tarxa ou talla) con inicisións para levar a contabilidade.
Quiñón No mundo do mar denomínabase así a parte dos beneficios da pesca que lle correspondía a cada mariñeiro, estaba en función da súa aportación á pesca en común: aparello, lancha,....   Na arte do cerco real daba dereito a un quiñón a aportación dunha peza do cerco (un anaco de 10 ou 40 metros de rede).  
Medida Empregada para contar peixes de tamaño pequeno como sardiña ou xurelo. Habitualmente era a caixa ou paxe empregado para a descarga...   Segundo os lugares había equivalencias como a de 1 medida= 700 mandas Patela, caixa e medida eran denominacións de gran imprecisión e moi variables para estes cometidos.
Ducia

Etimoloxicamente significa doce. Os ovos seguen a contarse por ducias, por exemplo.
No mar tiña valores variables en función do sitio e da calidade do peixe.

  Na Coruña, a ducia de pescadas dos bous eran de 29 exemplares, as do palangre levaban 27. En Marín chegaba a 50 e en Vigo ascendía a 30  
Vareta Nas factorías de salga de sardiña contábanse estas por varetas, unhas variñas de madeira ou de arame onde se ensarillaban unha vez sacadas da salmoira e antes de prensar.  

Cada vareta levaba 25 exemplares.

 

1 Paxe de sardiña = 10 varetas = 250 sardiñas


www.edugaliza.org